Francisco Espantoso
por Irmandiños Martes, 13 Xuño 2006 01:00
I XERACIÓN
- Antonio Fernández Espantoso. Escribán do Coto de Meroe (Somozas) do que se conservan protocolos entre os anos 1679 e 1718. Vivia en Moeche, onde casou con María de Lago e Torre, falecida antes de 1694. Do seu matrimonio tiveron seis fillos:
II XERACIÓN
- Don Juan Antonio de Lago Espantoso. Cura de Piñeiro de Miraz (Lugo).
- Joseph de Lago Espantoso. Sin descendencia.
- Pedro de Lago Espantoso. Foi Merino e Xusticia Maior da Merindade de Moeche. Es o único que conservou descendencia e o fixo de forma fecunda. Casou con Doña Andrea Vermudez e Becerra. Filla de Don Miguel Arias de Galdo e de Doña María Vermudez de la Fuente e natural de Neda. Tiveron por fillos a III:
- Francisco Ventura de Lago Espantoso. Sin descendencia.
- Mariana de Lago Espantoso. Sin descendencia.
- Don Francisco de Lago Espantoso. Cura párroco da parroquia de Labacengos concello de Moeche (A Coruña).
III XERACIÓN
- María Andrea Vermudez Becerra. Casou con Joseph Méndez de Lago.
- Rosa Vermudez Becerra. Casou con Antonio Méndez Paradela.
- Francisco Espantoso. Casou na parroquia de Lamas concello de San Sadurniño (A Coruña) con María López.

