Pazo de Golmar (Esquema xenealóxico)
por Juan de Golmar Xoves, 25 Maio 2006 01:00
I XERACIÓN
- Andrés de Barallobre “O fundador”. Procedía de Barallobre concello de Friol (Lugo). Casou en primeiras nupcias con Teresa de Prado. Filla dos donos da casa – fortaleza de San Xián de Friol. Tiveron por fillo a II.1. Casou en segundas nupcias con Constanza de Golmar. Tiveron por fillos a II. 2, 3, 4 e 5
II XERACIÓN
- Gonzalo. Escribán. Debeu nacer hacia a segunda metade do século XV. Casou en primeiras nupcias con María Hermosa. Casou en segundas nupcias con María de Roade.
- Ines. Casou con Gregorio Dascariz.
- Catalina. Casou con Rodrígo do Pandelo. Escribán.
- Fernando.
- Juan de Barallobre e Golmar. “O Cronista”. Debeu nacer a finais do século XV. Casou con Elvira Lope Martín. Filla de Ares Lope e Aldana Martín da parroquia de Codesoso concello de Sobrado (A Coruña). Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
- Catalina. Casou en primeiras nupcias con Bastián Dorjas. Casou en segundas nupcias con Gabriel Díaz.
- María. Casou con Rodrigo Gilán.
- Pedro de Barallobre e Lope “O Pío”. Debeu nacer hacia 1533 – 34. Morreu en outubro de 1614. Casou con María Ares Lope Barallobre. Filla de Francisco Ares do Amenedo e Constanza Lope, veciño do barrio de O Amenedo parroquia de Grixalba concello de Sobrado (A Coruña). Morreu en 1.639 os 106 años de edad, o que quiere dicir que naceu no ano 1.533. Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
- Domingo. O vinculeiro. Sacerdote.
- Juan. Casou con Catalina Gómez.
- Catalina . Casou con Pedro do Viso.
- María. Casou con Pedro da Roca. Da casa de Salgueirón (antepasados de Taboada Roca, Conde de Borraxeiros).
- AlférezGregorio de Barallobre. “O Bravo” Casou en 1616 con Ignés Sánchez Lorenzo. Filla de Juan Lorenzo e María Sánchez, da Casa de Castro de Seixo, na parroquia de Codesedo. Tiña un irmán chamado Bartolomé. Tiveron por fillos a:
V XERACIÓN
- Pedro.
- Ciprian. Sacerdote.
- Dominga. Casou con Domingo Ares.
- Juana. Casou con Antonio Gallardo.
- María. Casou con Jácome Rulan.
- Gregoria. Casou con Antonio da Espiñeira.
- Catalina. Casou con Gregorio Ares do Penedo.
- Andrés Sánchez Barallobre “O Piadoso”. Debeu nacer entre 1620 – 1630. Morreu o 9 de maio de 1686. Casou con Juliana López de Buján e Caamaño. Nada en 1642. Filla de Domingo Buján e Francisca López Caamaño, veciños da parroquia de Cumbraos concello de Sobrado (A Coruña). Tiveron por fillos a:
VI XERACIÓN
- Diego Benito. Sacerdote.
- Andrés. Casou con Josefa Varela de Verea.
- Tomas. Sacerdote.
- Catalina. Casou con Alonso González Ruzo Lorenzo de Irixoa.
- Andrés.
- Pedro Sánchez de Barallobre e López Buján. Faleceu o 23 de xuño de 1726. Casou con en primeiras nupcias con Marta Pardo Montenegro. Non tiveron descendencia. Casou en segundas nupcias con Antonia Francisca de Ardeleiros y Fajardo. Morreu de parto o 22 de marzo de 1721. Filla de Antonio Varela de Ardeleiros e Mencía Fajardo de Puga, do Pazo de San Paio da parroquia de Lens concello de Ames (A Coruña). Tiveron por fillos a:
VI XERACIÓN
- Melchor Manuel. O vinculeiro. Sacerdote.
- Antonio Caetano. Sacerdote.
- Josefa Antonia Ventura. Casou con Pedro Francisco Salazar Pita e Alvarado. Señor da Casa Riveira e Carracedo (parroquia de Quembre concello de Carral (A Coruña)). Causantes do duque da Conquista (Pedro de Castro e Figueroa) e da II Condesa de Bugallal (Cristina Fajardo e Codesido).
- Thomas.
- Pedro Antonio Sánchez Barallobre e Fajardo. “O forte”. Bautizado o 14 de decembro de 1719. Casou con María Antonia Varela de Mella y Vázquez Rubio de la Calle. Filla de Pedro de Mella Varela e Josefa Vázquez Rubio de la Calle, donos do Pazo de Fonte Arcada (que ainda existe), sito na parroquia de Arnego concello de Vila de Cruces (Pontevedra). Tiña dous irmáns: Ignacio e Francisco, coengos - cardenais da Catedral de Santiago. Tiveron por fillos a:
VII XERACIÓN
- María Ignacia. Casou con Joaquín Ignacio de Ponte Andrade e Monterroso. Señor de Casa Sivil Melide (A Coruña).
- Ramón. Sacerdote.
- Josef. Casou con Ignacia Arias e Antonio.
- Francisco Melchor Bernardo Ramón Sánchez Barallobre e Varela de Mella. “O animoso”. Nado o 29 de xullo de 1756. Morreu o 8 de xuño de 1829. Casou en primeiras nupcias con Maria Josefa de Ponte Sivil y Monterroso. Morreu de parto o 28 de abril de 1787. Filla de Martín Ignacio de Ponte e Andrade e Bernarda Agustina Monterroso e Sibil. Donos do Pazo de Sibil (Melide); do pazo de Altamira, situado na parroquia de Cumeiro concello de Vila de Cruces (Pontevedra); Vila; Vilela, sito na parroquia de Zas de Rei concello de Melide; Orois e outros. Tiveron por fillos a VIII 1 e 2. Casou en segundas nupcias con María López. Tiveron por fillos a VIII 3, 4 e 5.
VIII XERACIÓN
- Bernardina. Casou con Alvaro García de Parga e Bolaño.
- Benito Sánchez Barallobre e de Ponte Sivil. Nado o 7 de marzo de 1778. Casou con Ventura Freire Pérez. Tiveron por fillos a IX.
- Nicolasa. Casou con Benito Sánchez Barallobre e Verea. De Cumbraos.
- Joseph. Sacerdote.
- Benito María. Morreu sendo estudiante.
IX XERACIÓN
- Benito Sánchez Freire. O vinculeiro. Deputado a Cortes. Morreu o 17 de xullo de 1876 en Santiago de Compostela. Casou en primeiras nupcias con Amalia Rodríguez Varela. Non tiveron descendencia. Casou en segundas nupcias con Elisa Varela Lauga. Morreu o 8 de novembro de 1908. Filla de José Varela de Seijas e Boado e Ramona Lauga Penela. Donos do pazo de San Xoán de Furelos (Melide). Tiveron por fillos a X 1 a 5.
- María Antonia Sánchez Freire. Falecida en 1912.
- Concepción Sánchez Freire. Casou con Francisco Freire y Barreiro. Catedrático de Anatomía e Decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago.
- Manuel Sánchez Freire . Estudou a carrera de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Notario. Casou con Jovina Moure González. Filla do administrador do Hospital Real de Santiago Antonio María Moure e Camba e de Rosalía González e Pérez, natural da parroquia de Xuvencos concello de Boborás (Ourense). Tiveron por fillos a X 6 e 7.
- José Sánchez Freire . Emigrou a Bos Aires.
- Francisco Sánchez Freire . Se alcumaba “Conde de Campoverde”. Morreu tuberculoso en Madrid.
- Timoteo Sánchez Freire. Nado en 1838 e falecido o 23 de abril de 1912. Solteiro. Médico – ciruxián. Catedrático da Facultade de Medicina de Santiago e fundador del Manicomio de Conxo.
X XERACIÓN
- Francisco Sánchez Varela. Avogado. Rexistrador da propiedade.
- María Saleta Sánchez Varela. Relixiosa da Orde de San Francisco de Sales, se chamaba sor Ana Magdalena e viviu no Convento da Visitación de Valladolid ata a súa morte o 13 de setembro de 1902.
- María Purísima Sánchez Varela. Casou con Ramón Pardo e Pardo. Falecido o 5 de outubro de 1962.
- Ricardo Sánchez Varela. Nado en 1847. Falecido o 9 de maio de 1964. Avogado. Capelán do Asilo de Anciáns Desamparados de Pontedeume. Soterrado no cemiterio de Pontedeume.
- José Sánchez Varela. Nado en 1875. Avogado. Ningún tivo descendencia.
- Concepción Sánchez Moure.
- Matilde Sánchez Moure. Casou con Joaquín Quiroga Vázquez. Catalán.




