Tenreiro (Lamas - A Coruña)
por Xosé Docampo Domingo, 28 Maio 2006 01:00
I XERACIÓN
- Francisco Tenreiro. Natural da freguesía de Lamas.
Casou con Dominga Gallego da Bouza. Natural da parroquia de Cabalar concello de A Capela (A Coruña).
II XERACIÓN
- Francisco Tenreiro. Natural da parroquia de Cabalar.
Casou con María de la Sierra. Natural da parroquia de Cabalar. Fillo de Pedro da Sierra e María Blanco da Sierra, naturais da parroquia de Cabalar.
III XERACIÓN
- Juan Tenreiro. Natural da parroquia de Cabalar.
Casou con María Fernández de Castro (para a súa xenealoxía ver Castro Vilalba - Lugo).
IV XERACIÓN
- Jacinto Tenreiro de Castro. Natural da cidade da Coruña, parroquia de San Nicolás. Colexial de Fonseca 1642.
Fonte
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela
