Machado Ruiz, Antonio y Manuel. Escritores.
por Xosé Docampo, Milleiro Domingo, 01 Xaneiro 2006 01:00
I XERACIÓN
- Antonio Machado Núñez. Nacido en Cadiz en 1812 ou 1814. Faleceu o 25 de xullo de 1896.
Casou con Cipriana Álvarez Durán. Natural de Sevilla. Filla de José Álvarez Guerra. Tiveron por fillo a
II XERACIÓN
- Antonio Machado Álvarez. Naceu o 6 de abril de 1846 no antigo nº 33 da Rua Nova da cidade de Santiago de Compostela. Foi bautizado os cinco anos na igrexa de Santa María Salomé. Faleceu o 4 de febreiro de 1893 cando volvía de Puerto Rico. Avogado.
Casou en 1873 con Ana Ruiz Hernández. Natural de Sevilla. Falecida en Colliure (Francia) o 25 de febrero de 1939 e soterrada co seu filloo Antonio. Filla de Rafael Ruiz Pérez, natural de Sevilla, e Isabel Hernández García natural da provincia de Murcia. Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
- Manuel Machado Ruiz. Nado no Pazo de Dueñas (Sevilla) o 29 de agosto de 1874. Faleceu en Madrid o 19 de xaneiro de 1947.
Casou coa sua prima Eulalia Cáceres. - Antonio Machado Ruiz. Nado no Pazo de Dueñas (Sevilla) o 26 de xullo de 1875. Faleceu en Colliure (Francia) o 22 de febreiro de 1939. Foi soterrado no cemiterio antigo desta poboación.
Casou en Soria o 30 de xullo de 1909 con Leonor Izquierdo Cuevas (13 años) Filla de Ceferino Izquierdo e Isabel Cuevas. Faleceu o 1 de agosto de 1912 con 18 anos.
Non tiveron descendencia. - Jose Machado Ruiz. Nado en 1879 en Sevilla na rúa Reis Católicos. Tivo por fillas a IV 1 a 3.
- Joaquin Machado Ruiz. Nado en 1881 en Sevilla. No tivo descendencia.
- Francisco Machado Ruiz. Nado en 1884 en Madrid. Tivo por fillos a IV 4 a 7.
- Cipriana Machado Ruiz. Nada en 1885 en Madrid. Falecida os 15 anos.
IV XERACIÓN
- Eulalia Machado Monedero
- Carmen Machado Monedero
- María Machado Monedero
- Francisco Machado Martínez
- Ana Machado Martínez
- Mercedes Machado Martínez
- Leonor Machado Martínez
FONTES
- http://www.elcorreogallego.com/periodico/20041102/Santiago_/N284144.asp
- http://www.findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GRid=8096&pt=Antonio%20Machado
- http://html.rincondelvago.com/antonio-machado-1.html
- http://www.los-poetas.com/j/mabio.htm
- http://www.segundarepublica.com/index.php?id=27&opcion=2
- http://jaserrano.com/Machado/jornadas.htm




