Mosquera García, Tomás. Politico.
por Xosé Docampo Luns, 15 Maio 2006 01:00
I XERACIÓN
- Gerónimo Mosquera. Casou con Felipa Vázquez. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Pedro Mosquera Vázquez.
Casou con Isabel García Pérez. Natural da parroquia de Salamonde concello de San Amaro (Ourense). Filla de José García e María Pérez.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Tomás María Mosquera García. Nado no barrio da Torre parroquia de Castrelo concello de San Cristovo de Cea (Ourense) o 11 de novembro de 1823 e falecido en Madrid o 3 de maio de 1890. Deputado a Cortes e Senador.
Bibliografía
- VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
- www.senado.es




