Rodríguez Seoane, Luís. Politico.
por Xosé Docampo Luns, 15 Maio 2006 01:00
I XERACIÓN
- Francisco Rodríguez Galán. Natural da cidade de Tui.
Casou con Agustina García. Natural da cidade de Pontevedra. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Luís Rodríguez Galan.
Casou con Ángela Seoane. Filla de Agustín Seoane, natural da parroquia de Tabeiros concello de A Estrada e Teresa N., natural da cidade de Pontevedra.
Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Luís Isidoro Rodríguez Seoane. Nado na cidade de Pontevedra o 5 de abril de 1836 e falecido en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902. Deputado a Cortes e Senador.
Bibliografía
- VVAA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores 1810 - 2003
- www.senado.es




