Graña, Alfonso. Rei dos xíbaros.
por Alfonso Fernández Pousada Luns, 25 Setembro 2006 01:00
I XERACIÓN
- José Benito Graña Frey. Xastre.
Casou na parroquia de Amiudal concello de Avión (Ourense) con Joaquina Cortizo Cendón. Tiveron por fillos a:
II XERACIÓN
- Gumersinda Graña Cortizo.
- Florinda Graña Cortizo.
- Ildefonso Graña Cortizo(Alfonso Graña). Nado na parroquia de Amiudal o 5 de marzo de 1878. Finado en outubro de 1934.
Emigrou a Iquitos (Brasil) a principios do século XX. Despois de 1910 internouse na selva amazónica, onde chegou a ser aceptado polos reis xíbaros coma o seu rei. Alfonso I da Amazonía.
Presúmese que casou cunha filla de Samaren III, rei dos indios Huambisa. Asemade, é probable que, froito desta relación nacese un fillo varón:
III XERACIÓN
- Alfonso Graña. Tradutor.
FONTES
- FERNÁNDEZ SENDIN, Maximino: "Alfonso Graña, rey de los jíbaros"
- http://www.fernandezsendin.com/indicegrana.htm Foto reproducida por xentileza de Maximino Fernández Sendín. Corresponde ó capítulo II de Alfonso Graña, rey de los jíbaros




