Sheen Martin e familia. Actores
por Alfonso Fernández Pousada Martes, 10 Outubro 2006 01:00
I XERACIÓN
- Manuel Estévez. Natural da parroquia de Parderrubias concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).
Casou con Dolores Martínez. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Francisco Estévez Martínez. Nado na cidade de Vigo o 2 de xullo de 1898 e finado en Dayton (Montgomery - Ohio) o 26 de outubro de 1974.
Emigrou a Cuba, e de Cuba aos Estados Unidos de América.
Casou coa emigrante irlandesa Mary Anne Phelan. Nada o 22 de maio de 1903 en Borrisokane (Tipperary, Irlanda) e finada o 1 de agosto de 1951 en Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos). Filla de Michael Phelan. Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
- Manuel Estévez. Nado o 14 de decembro de 1929 en Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos) e finado en agosto de 1968.
Casou con Roberta M. Amato. Natural de Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos) onde naceu o 30 de outubro de 1942 e faleceu o 23 de setembro de 1998. - Michael Jude Estévez. Nado o 4 de agosto de 1933 en Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos) e finado o 12 de xullo de 1981 en Los Ángeles (California, Estados Unidos).
- Conrad Joseph Estévez. Nado o 26 de marzo de 1935 e finado o 9 de novembro de 1998 en Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos).
- Martin Sheen (nome artístico de Ramón Gerardo Antonio Estévez). Nado o 3 de agosto de 1940 en Dayton (Montgomery-Ohio, Estados Unidos). Actor.
Casou o 23 de decembro de 1961 con Janet Templeton. Tiveron por fillos a IV - Carmen Estévez
IV XERACIÓN
- Emilio Estévez. Nado o 12 de maio de 1962 en Manhattan - Nova Iorque. Actor.
Casou coa modelo Carey Salley. Foron pais de V1-2. - Ramón Luis Estévez. Nado o 7 de agosto de 1963 en Nova Iorque. Actor.
- Charlie Sheen (nome artístico de Carlos Irwin Estévez). Nado o 3 de setembro de 1965 na cidade dos Ánxeles (California – Estados Unidos). Actor.
Da súa moza Paula Profit tivo por filla a V 3.
Casou en primeiras nupcias o 3 de setembro de 1995 con Donna Peele, da que se divorciou o 19 de novembro de 1996.
Casou en segundas nupcias o 15 de xuño de 2002 con Denise Richard, da que se divorciou o 19 de abril de 2006. Tiveron por fillos a V 4-5. - Renée Pilar Estévez. Nada o 2 de abril de 1967. Actriz.
Casou en outubro de 1997 con
Jason Thomas Federico. Golfista profesional. Fillo de Joyce E. McLean e de Thomas B. Federico.
V XERACIÓN
- Taylor Levi Estévez. Nado en xuño de 1984.
- Paloma Roe Estévez. Nada en novembro de 1986.
- Cassandra Jade Estévez. Nada en 1985.
- Sam J. Estévez. Nado o 9 de marzo de 2004.
- Dolores Rose Estévez. Nada o 1 de xuño de 2005.
FONTES
- www.genealogy.com/famousfolks/charlies/d0/i0000009.htm
- http://en.wikipedia.org/wiki/Ren%C3%A9e_Estevez
- http://es.wikipedia.org/wiki/Charlie_Sheen
- http://www.fillos.org/galicia/index.php?module=pnEncyclopedia&func=display_term&id=129&vid=




