Fernández Latorre (xornalistas)
por Alfonso Fernández Pousada Sábado, 28 Outubro 2006 01:00 Modificado o Mércores, 08 Xullo 2009 11:48
I XERACIÓN
- Juan Fernández Latorre. Nado en A Coruña o 8 de outubro de 1844. Falecido o 14 de marzo de 1912. Xornalista e político. Fundador do xornal “La Voz de Galicia”. Deputado republicano a Cortes por Ortigueira, en 1891, e por A Coruña en 1910. Subsecretario de Gobernación. Gobernador Civil de Madrid entre 1911 e 1912.
Casou con Felisa Ozores de Prado e Neira. Falecida en Madrid o 10 de febreiro de 1929. Filla de Eduardo Ozores Valderrama e Ramona de Prazo e Ozores, III marquesa de Hombreiro (para a súa ascendencia ver Hombreiro marqueses de).
Tralo seu matrimonio comprou o pazo de Miraflores onde pasaban os veráns.
Tiveron por fillas a:
II XERACIÓN
- Felisa Fernández-Latorre e Ozores. Finada en 1989.
- María Victoria Fernández-Latorre e Ozores. Nada en Madrid, no antigo pazo do Goberno Civil, o 8 de xaneiro de 1906 e finada o 10 de decembro do ano 2000. Afillada de María Victoria Montero Ríos.
Casou en primeiras nupcias en setembro de 1924 con José Fernández-España e Vigil. Director de Obras do Ferrocarril Zamora-Ourense. Falecido en accidente de tráfico cerca de Verín o 26 de maio de 1927.
Casou en segundas nupcias en abril de 1931 con Emilio Rey Romero. Farmacéutico. Gran impulsor e baluarte de La Voz de Galicia, e presidente do seu consello de administración. Falecido o 17 de abril de 1987.
III XERACIÓN
- Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre (máis coñecida como Victoria Armesto). Nada en xuño de 1925. Falecida o 10 de xuño de 1999. Xornalista e política. Escritora. Deputada a Cortes por entre os anos 1977 e 1986. Vicepresidenta do Congreso.
Casou en 1950 con Felipe Fernández Armesto (máis coñecido como Augusto Assía). Xornalista e Escritor. Nado no concello de A Mezquita (Ourense) o 20 de abril de 1906. Falecido o 2 de febreiro de 2002. Tiveron por fillo a IV 1. - María Josefa Fernández-España e Fernández-Latorre. Nada en 1927. Filla póstuma do seu pai.
Casou con Juan Hernández-Canut e Escrivá. Fillo de Juan Hernández Escrivá e de Adela Canut Costa. Tiveron por fillos a IV 2 e 3. - Emilio Rey e Fernández-Latorre. Nado en 1932. Falecido o 12 de abril de 1988.
- Santiago Rey e Fernández-Latorre. Nado en 1938. Xemelgo de Paloma. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia S.A.
Casou con Celia Berguer Sández. Tiveron por fillos a IV 4 e 5. - Paloma Rey e Fernández-Latorre. Nada en 1938. Xemelga de Santiago.
IV XERACIÓN
- Juan Fernández Armesto. Catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comillas. Presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores
- Juan Hernández-Canut e Fernández-España
Casou con Teresa Lafuenta González. Nada en Tánger (Marrocos) o 16 de decembro de 1954. Filla de Eusebio Lafuente Hernández e de Helena González Taillefer. Tiveron por fillos a V. - Emilio Rey Berguer
- Santiago Rey Berguer
V XERACIÓN
- Lucía Hernández-Canut e Lafuente
- Beatriz Hernández-Canut e Lafuente
- Paloma Hernández-Canut e Lafuente
FONTES
- http://lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=343808&lnk=NUPCIAS,1906,CONTRAJO,1927,1932,1929
- http://es.wikipedia.org/wiki/Juan_Fern%C3%A1ndez_Latorre
- http://www.jfarmesto.com/cv.htm#
- http://www.galegos.info/detalle.php?id=1045&tabla=galegos
- http://gw.geneanet.org/index.php3?b=mlafuen&lang=es;m=D;p=juan;n=fernandez+latorre&siblings=on¬es=on&t=T&v=5&image=on


