Curros Enríquez Manuel. Poeta.
por Cristina Buceta Milleiro Luns, 01 Xaneiro 2007 01:00 Modificado o Xoves, 09 Xullo 2009 09:30
I XERACIÓN
- Andrés López
Casou con Antonia de Curros. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Pedro Lopez de Curros (así consta o seu apelido na súa partida de defunción, ocurrida ésta en Santiso o 4 de febreiro de 1844). Natural da parroquia de Santiso concello de Melide (A Coruña).
Casou con Josefa Vázquez. Natural da parroquia de Santiso. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- José María de Currós Vázquez. Natural da parroquia de Santiso. Escribán. Optou polo apelido materno do seu pai.
Casou o 31 de xullo de 1847 con Petra Enríquez. Nada na parroquia de Vilanova dos Infantes concello de Celanova (Ourense) o 29 de xuño de 1814. Falecida en Celanova o 8 de marzo de 1880. Filla natural de Pedro Nogueira e Rosa Enríquez. (Pedro figura como avó materno na partida de bautismo de Manuel Curros Enríquez por ese motivo algúns dos seus biógrafos, como Cid Hermida e Fernández Alonso o chamaron sempre Curros Nogueira).
Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
- Manuel Curros Enríquez. Nado na vila de Celanova no nº 14 da rúa San Roque o 15 de setembro de 1851. Falecido na cidade da Habana (Cuba) o 7 de marzo de 1908 as 8:40 no sanatorio La Covadonga do Centro Asturián. O seu corpo foi embalsamado. O 20 de marzo foi embarcado con rumbo a Galicia chegando o porto de A Coruña o 31 de marzo. O 3 de abril foi soterrado no nicho 92 do cemiterio de San Amaro de A Coruña onde segue soterrado.
Casou en Madrid o 18 de agosto de 1877 con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez. Natural de Pobra de Sanabria (Zamora). Filla dun maxistrado da Audiencia de Madrid. - Laureana Curros Enríquez. Nado o 19 de outubro de 1845.
- Urbano Curros Enríquez. Nado o 29 de setembro de 1847.
- Teresa Curros Enríquez. Nado o 30 de novembro de 1848.
- Pedro Urbano Curros Enríquez. Nado o 9 de febreiro de 1850.
- Benito Curros Enríquez. Nado o 24 de outubro 1853.
- Eugeio Elias Curros Enríquez. Nado o 14 de abril de 1855.
- Adolfo Curros Enríquez. Nado o 21 de xullo de 1856.
- Sofía Amalia Curros Enríquez. Nado o 22 de febreiro de 1861.
- Elena Curros Enríquez. Nado o 22 de febreiro de 1861.
V XERACIÓN
- Adelardo Curros-Enriquez Vázquez
- Leopoldo Curros-Enriquez Vázquez
- Sofía Curros-Enriquez Vázquez
- Augusto Curros-Enriquez Vázquez
- Socorro Curros-Enriquez Vázquez
- Manuel Curros-Enriquez Vázquez
FONTES
- Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000
- "Vida y obra de Manuel Currós Enríquez" de Alberto Vilanova Rodríguez. Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires.
- http://acab.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1014189014088&pubid=979757031835


