Alfonso Rodríguez Castelao (pai da patria galega)
por Milleiro Venres, 09 Xullo 2004 01:00

I XERACIÓN
- José Manuel Castelao,
coñecido como “Pepe de Castelao”.
Ebanista.
Casou con Teresa Gemme. Filla de Bartolomeu Gemme Fuentes. Un irmán ou un tío de Tareixa, Don Baltasar Gemme Fuentes, foi Governador Civil de Pontevedra na I República.
O apelido Gemme é de orixe francesa. Pudo ficar engadido á liñaxes galegas, por unha de duas procedéncias ou por migración laboral, como a dos galovascos que fundou a indústria de curtidos.
Tiveron por fillos a II.
II XERACIÓN
- Joaquina Castelao Gemme
Casou con Mariano Rodríguez Dios. Fillo de Manuel Rodríguez e Ventura de Dios. Mariñeiro. Alcalde de Rianxo. Tiveron por fillos a III. - Pilar Castelao Gemme.
- Francisco Castelao Gemme.
- José Ramón Castelao Gemme.
- Manuel Castelao Gemme.
III XERACIÓN
- Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.
Nado na vila de Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Bautizado na igrexa de
Santa Comba. Falecido o 7 de xaneiro de 1950 na cidade de Bos Aires
(Arxentina). Médico. A meirande figura da intelectualidade e da cultura
galega do século XX.
Casou na igrexa de San Paio de A Estrada o 19 de outubro de 1912 con Virginia Pereira Renda “Choliña”. - Josefina Rodríguez Castelao “Fina”. Nada en Buenos Aires en 1897.
- Josefina Rodríguez Castelao. Nada en 1897 e falecida no ano 1972.
- Teresa Rodríguez Castelao. Nada en Buenos Aires en 1899 e falecida na vila de Rianxo o 23 de marzo de 2000.
IV XERACIÓN
- Alfonso Jesús Rodríguez-Castelao Pereira. Nado o 30 de xaneiro de 1913 e finado no ano 1928.
FONTES
- Paz Andrade, Valentín. Castelao, na Luz e na Sombra.
- http://radikaleslibres.blogspot.com/2006/05/castelao-en-castellano-familiar.html
- http://www.vieiros.com/antigas.php?anc=-5&mnc=3〈=gal&id=2000-3-23
- http://www.museocastelao.org




