Acevedo (Ribadeo)
por Xosé Docampo Luns, 16 Outubro 2006 01:00
I XERACIÓN
- D Domingo López Acevedo. Natural da parroquia de Seares concello de Castropol (Asturias).
Casou con Dª Antonia Fernández Acevedo. Natural da vila de Ribadeo. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- D Diego López de Acevedo. Natural da vila de Ribadeo.
Casou con Dª Antonia de Prado e Muñiz. Natural da vila de Pravia (Asturias). Filla de D. José de Prada, natural da vila de Ribadeo, e Dª Josefa Muñiz natural da vila de Pravia. Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- Dª Josefa López Acevedo de Prada. Natural da vila de Ribadeo.
Casou con D Antonio Raimundo Ibáñez Llano e Valdés (para a súa xenealoxía ver Ibáñez Valdés Antonio Marqués de Sargadelos).




