Álvarez - Penosiños
por Xosé Docampo Mércores, 07 Xuño 2006 01:00
I XERACIÓN
- Baltasar Álvarez.
Casou con Ginebra Rodríguez. Naturais da parroquia de San Salvador de Penosiños (hai unha parroquia con este nome nos concellos de Gomesende e Ramirás ambos en Ourense). Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Pedro Alvarez. Natural da parroquia de San Salvador de Penosiños.
Casou con Maria López. Natural da parroquia de San Salvador de Penosiños. Filla de Bartolomé López e María Martínez, naturais da parroquia de San Salvador de Penosiños. Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- Maria Alvarez. Natural da parroquia de San Salvador de Penosiños.
Casou con Pedro Cid (para a súa xenealoxía ver Cid Allariz). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Ignacio Cid de Novoa. Natural da vila de Allariz (Ourense).
Fonte
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela




