Vázquez
por Xosé Docampo Domingo, 28 Maio 2006 01:00
I XERACIÓN
- Juan Váquez. Natural de Santa Mariña de Eiras.
Casou con Mariana de Camba. Natural da freguesía de San Clodio no Riveiro de Avia. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Miguel Vázquez. Natural de Santa Mariña de Eiras.
Casou con María de Eraso. Natural da parroquia de Campo Redondo concello de Ribadavia (Ourense). Tiveron por fillo a:
III XERACIÓN
- José Vázquez Eraso. Natural de Santa Mariña de Eiras.
Casou con Escolástica do Pazo e Borja (para a súa xenealoxía ver Pazo e Borja Leiro). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- José Vázquez Eraso. Natural da parroquia de San Cibrao das Viñas concello de San Cibrao das Viñas (Ourense). Colexial de Fonseca 1721.
Fonte
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela




