Armada - Castrelo de Miño 2
por Xosé Docampo Venres, 02 Xuño 2006 01:00
I XERACIÓN
- Juan de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño concello de Castrelo de Miño (Ourense).
Casou con Isabel Taboada. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Pedro Manuel Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
Casou con Isabel Salgado. Natural da casa e freguesía do Gargalo. Filla de Antonio Salgado, natural de Gargalo, e Ana Mondragón, natural da parroquia de Santa Cruz de Rivadulla concello de Vedra (A Coruña). Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- Isabel Rosa de Armada. Natural da parroquia de Vide de Miño.
Casou con Juan Antonio Romay (para a súa xenealoxía ver Cadro Pazo de Marín Pontevedra). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Antonio Jacinto Romay Armada. Natural da parroquia de Ponte Castrelo concello de Castrelo de Miño (Ourense). Colexial de Fonseca 1723.
Fonte
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela




