Losada - Navia
por Xosé Docampo Venres, 02 Xuño 2006 01:00
I XERACIÓN
- Alonso Pardo de Losada. Señor da xurisdición de Navia.
Casou con Jacinta de Andrade. Natural da parroquia de Trabazos concello de Castro Caldelas (Ourense). Tiveron por fillo a:
II XERACIÓN
- Luis de Losada. Natural da xurisdición de Navia
Casou con María Antonia de Prada. Filla de Francisco Sánchez Somoza, natural do Hospital, e Antonia de Prada, natural da parroquia de Piñeira concello de Ribas de Sil. Tiveron por filla a:
III XERACIÓN
- Juana Losada.
Casou con Antonio José Quiroga (para a súa xenealoxía ver Quiroga Ribas de Sil Lugo). Tiveron por fillo a:
IV XERACIÓN
- Antonio Luis Quiroga e Losada. Nado na parroquia de Ribas de Sil concello de Ribas de Sil (Lugo) o 14 de xaneiro de 1728. Colexial de Fonseca.
Fonte
- Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela




