Ciceron (Madrid)
por Xose Docampo Xoves, 26 Abril 2007 01:00
I XERACIÓN
- D Jacome Cicerón. Natural de Madrid de onde viu a servir como capitán de cabalería no exército do Reino de Galicia o mando do marqués de Peñalba. Tivo por fillo a:
II XERACIÓN
- D Fernando Cicerón. Natural da vila de Madrid. Falecido na vila de Marín o 26 de setembro de 1705, foi sepultado na capela maior da igrexa de San Xián. Testou verbalmente. Teniente capitán de cabalería.
Casou o 7 de novembro de 1666 na igrexa de San Xián da vila de Marín con:
Dª María Cabral Ozores. Natural da vila de Pontevedra. Veciños de San Xián de Marín. Tiveron por fillos a:
III XERACIÓN
- D Bernardo Matías Cicerón. Abade da Abelenda de Avión.
- Dª Juana María Cicerón.
- D Antonio Benito Cicerón. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 3 de febreiro de 1671. Falecio na vila de Marín o 27 de abril 1759 de repente, foi soterrado na capela maior da igrexa de San Xián de Marín. Tenente de infantería do exército da súa maxestade.
Casou o 20 de decembro de 1709 na freguesía de Avión (Ourense) nunha casa particular con:
Dª Josefa Centeno Almonacid. Sepultada o 9 de xaneiro de 1783 na capela maior da igrexa de Santa María do Porto. Testou o 24 de decembro de 1759 ante Felix Benito Pereira escribán e veciño de Soutomaior. (para a súa xenealoxía ver Centeno Puebla de Sanabria León). Tiveron por fillos a:
IV XERACIÓN
- D Francisco Cicerón Centeno.
- D Tomás Cicerón Centeno. Rexedor perpetuo da cidade de Tui. Donou xunto o seu sobriño Francisco Blanco Cicerón unha lámpada de prata e outras alfaias a igrexa de San Xián de Marín.
- Dª Rosa Isabel Cicerón Centeno. Bautizado na igrexa de San Xián da vila de Marín o 15 de marzo de 1713. onde faleceu. Foi soterrada na capela maior da igrexa de San Xián de Marín nunha das tres sepulturas privilexiadas do mosteiro de Oseira.
FONTE
- Espediente da orde Carlos III de Tomas Freire Blanco Saavedra




