Inicio Participar

Participación

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDF

Introdución

A miúdo ocorrésenos que alguén puidera interesarse nun proxecto que estimamos de intres. Nun principio é posible que teñamos que comezar solos e a modiño, para ó fin coa evolución e desenrolo do mesmo váiase xunguindo máis xente.
Tamén ocorre que hai moitos tipos de proxectos, uns máis ambiciosos e outros máis discretos, ningún desmerece pois todos teñen a súa importancia.

Exemplos

A continuación enuméranse a modo de exemplo algúns dos posibles proxectos que terán soporte en Xenealoxía.org, nese senso poderíamos enumerar:

  • Investigacións xenealóxicas. Investigala xenealoxía das xentes dunha parroquia ou zoa.
    Investigala a xenealoxía de familias influentes na historia da sociedade galega.

  • Documentación. Elaborar documentos e manuais que axuden á investigación.

  • Traducións. Tradución ó galego de traballos de intres ou de software utilizado nas investigacións.

  • Estudios. Traballos sobre apelidos galegos e relacionados. Estudios sobre unha zoa. Orixes determinados. Refírome especificamente a estudos do uso de determinados apelidos nunha zoa, sobre apelidos de nomes de animais ou plantas, sobrenomes, e curiosidades deste tipo. Para contribucións de caracter xenérico xa temos o proxecto "Enciclopedia: Apelidos".

  • Transcricións. Transcrición de documentos: e Censos ou Padróns, listas de pasaxeiros, placas de monumentos públicos ou fachadas de edificios, lápidas de camposantos...

Estes son algúns dos exemplos que se me ocorren e que tería cabida en Xenealoxía.org.

Funcionamento e medios

  • Cada proxecto tería un soporte mínimo que permitiría traballar a un grupo de persoas en liña baixo a dirección do director, que tería de ser a persoa que ten a idea e toma a iniciativa.
  • A información de cada proxecto figurará dentro da sección Proxectos, i esta información só se modificara a requirimento do seu director.
  • Cada proxecto se o require terá un Foro específico e exclusivo para os membros do proxecto (a menos que se decida abrilo) moderado polo director do proxecto.
  • Os proxectos nos que o resultado do traballo consista nun documento u libro publicaranse na sección correspondente dentro de Xenealoxía.org, ou habilitarase unha en especial, para a súa divulgación.
  • Os proxectos de tipo xenealóxico contarán cunha base de datos específica e exclusiva co software PhpGedView para traballar cos arquivos Gedcom. Igualmente a base de datos a administrará e coordinará o traballo en ela o director do proxecto. Con esta ferramenta o grupo poderá traballar en liña na mesma base de datos independentemente do seu lugar de residencia na terra.(Sei que pode resultar obvio pero interésame subliñalo)
  • Cada director de Proxecto poderá ter unha lista de desexos (libros, CD, DVD, e outros), co fin de que os máis usuarios que prezan o seu traballo podan facerlle un regalo (ou moitos) e animalo.

Dar de alta un Proxecto

Para dar de alta un proxecto debemos seguir os seguintes pasos para avantaxe de todos.

  1. Lemos detidamente o Proyecto Ejemplo fixándonos en toda a información requirida. (Non é moita)
  2. Elaboramos coidadosamente o noso proxecto, a súa descrición, fecha de que consideramos comezaremos, e si xa contamos con apoios, xa podemos incorporar a eses usuarios.
  3. Enviamos o proxecto en Contacto á Sección "Proxectos" e esperamos a resposta.
  4. Recibirás un correo de resposta ós poucos días.
  5. O proxecto darase de alta na sección Proxectos e aparecerá no Bloque Proxectos á dereita na páxina de Inicio de Xenealoxía.org para coñecemento do público.
  6. Habilitaranse as ferramentas que se precisen: base de datos e foro.

E xa podemos comezar.