- Magnífico e acabadísimo estudio do coengo mindoniense D. Enrique Cal Pardo sobre o desaparecido mosteiro de San Salvador de Pedroso (no actual concello de Narón, A Coruña).
- O autor clarexa diversos aspectos que rodeaban ó enigmático mosteiro, do cal so quedaba o nome e algunha pedra inserta na actual igrexa parroquial. Descubre, a través desta obra, un mosteiro fundado por Dª. Munia Froilaz, irmá do poderoso conde de Galicia e de Traba D. Pedro Froilaz. Título: El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos
Autor: Enrique Cal Pardo
Editorial: Deputación Provincial de A Coruña
Fecha: 1984
I.S.B.N.: 84-505-0120-2

Á súa localización xeográfica, xungue o descubrimento e edición de fontes documentais do extinguido mosteiro que se atopan no Arquivo Catedralicio de Mondoñedo. A través destas fontes documentais (xeradas entre o ano de fundación, 1111, e o século XVI), D. Enrique Cal Pardo vai amosando e texendo a vida cotiá, o nacemento, crecemento e morte deste mosteiro; aportando unha morea de datos que foron e son de imprescindible consulta e coñecemento para a historia da comarca ferrolá e, nalgúns casos, de fóra dela. A edición e trascripción da colección documental pedrosá pecha este precioso libro.