I XERACIÓN

  • Pedro Pardo Patiño. Señor do coto e xurisdición de Tiobre. Rexedor perpetuo da cidade de Betanzos. Xefe primeiro da segunda compañía de nobres da cidade de Betanzos e provincia da Coruña. Monteiro maior das vilas das Pontes de García Rodriguez e Cedeira (A Coruña). Dono da torre solar de Velote e a súa xurisdición. Patrono do curato de Santiago de Lago e das capelas das Inchousas e outras.
    Casou con Ángela Pardo de Cela. Natural da parroquia de Coirós concello de Coirós (A Coruña). Dona do pazo de Coirós. Patrona dos curatos de San Xián de Coirós e Santa María de Lesa (parroquias do concello de Coirós), e da capela de Santa Catalina de Coirós e outros.
    Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • Juan Pardo. Coronel dos reais exércitos e do real corpo de artillería no departamento da Coruña. Ex cadete do Alcázar de Segovia.
    Casou con Luisa Bazán de Mendoza e Castro. Da parroquia de Santa Mariña Dozo pertencente a vila de Cambados. Filla de Pedro Bazán de Mendoza e Ojea Abraldes Sandoval e Ropar, señor da Torre de Cores, e Ignacia de Castro Leira Gayoso e Seixas.

III XERACIÓN

  • Miguel Pardo Bazán de Mendoza e Castro. Nado en Cambados o 5 de agosto de 1784. Foi bautizado na parroquia de Santa María Dozo. Colexial de Fonseca 1806. Deputado a Cortes.

  • Casou en 1821 con Joaquina Mosquera e Ribera. Da casa de Baldomir (parroquia de Guísamo concello de Bergondo (A Coruña) ). Filla de Gonzalo Mosquera. Tiveron un único fillo.

IV XERACIÓN

  • José Pardo Bazán. Natural da cidade de A Coruña onde naceu o 1827 e faleceu en 1894. Avogado. Conde de Pardo Bazán. Deputado a Cortes. Alcalde da cidade de A Coruña.
    Casou na Coruña en 1850 con Amalia de la Rúa - Figueroa e Somoza Tiveron por filla única a:

V XERACIÓN

  • Emilia Pardo Bazán. Nada na cidade de A Coruña o 16 de setembro de 1851 e falecida na cidade de Madrid o 12 de maio de 1921. Herdou o título de Condesa Pazo Bazán en 1890.
    Casou o 10 de xullo de 1868 na capela do pazo de Meirás, propiedade dos seus pais con José Quiroga. Tiveron tres fillos.

VI XERACIÓN

  • José Quiroga Pardo Bazán. Nado en 1876. Conde de Torre de Cela e capitán de cabalería. Asasinado en Madrid durante a Guerra Civil na Matanza da Checa na rúa Goya en 1936 xunto o seu fillo José Quiroga Esteban.
  • Carmen Quiroga Pardo Bazán.
  • Blanca Quiroga Pardo Bazán. Nada en 1878. Condesa da Torre de Cela.
    Casou con José Cavalcanti Alburquerque e Padierna. Nado na cidade da Habana (Cuba) en 1871 e falecido en San Sebastián en 1937. Marqués de Cavalcanti.

FONTES

  • VV AA Parlamentarios de Galicia Biografías de deputados e senadores (1810 - 2003) Real Academia Galega Parlamento de Galicia 2003.
  • Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela