Alfonso Graña y Mariano

A partires biografía que sobre Alfonso Graña fixo o investigador Maximino Fernández Sendín, o programa de TVE Crónicas ven de elaborar un documental que partindo da aldea de Amiudal (Ourense) na que naceu en 1872, séguese a súa vida ata o interior da selva amazónica na que viviría ata 1934 entre as tribus xíbaras.

Medio millón de galegos emigraron a América nos cincuenta anos que transcorreron entre 1.880 e 1.930. A maior parte foron aos países da costa atlántica, a Arxentina, Cuba, Brasil... E moi poucos se atreveron a emigrar á costa oeste do Pacífico. Entre eles, só os máis arriscados decidiron facer fortuna no interior da Amazonía.

Había que ter unha mentalidade de pioneiro, de aventureiro, para facer diñeiro no negocio máis lucrativo e perigoso do momento: a extracción do caucho.

Así empeza a peripecia migratoria dun labrego galego nado na pequena aldea de Amiudal, en Ourense, no ano 1.878. Chamouse Alfonso Graña.

Foi siringueiro – traballador do caucho – no Brasil, e despois en Perú. Ata que o seu destino, en 1.922, forzoulle a deixar a cidade de Iquitos, na cella da selva, para penetrarse no corazón mesmo da Amazonía peruana.

Alfonso Graña cun grupo de indios

Víctor de la Serna relatou na prensa da época a odisea deste galego ao que chamou “ Rei dos Xíbaros”. Durante doce anos, Alfonso Graña viviu entre os temidos guerreiros ahuaruna e huambisa, as tribos redutoras de cabezas, e exerceu unha notable influencia nun territorio tan extenso como media España.

Alfonso Graña foi un hábil comerciante que puxo en contacto dous mundos: o milenario e ancestral dos indios xíbaros, e o da opulencia cauchera de Iquitos. Navegante case épico polas turbulentas augas do Rio Marañón, baixaba periodicamente coas balsas cargadas de mercancías dende as súas chacras – granxas- ata a cidade.

Graña na selva

Graña soubo aproveitar o valor que para os xíbaros tiña a actividade mercantil. Foi un aventureiro intelixente que levaba ós indíxenas a cortarse o pelo na cidade, montábaos en coche, levábaos ao cine, poñíalles a radio.. Foi chamán para os indios e bruxo para os cristiáns, un personaxe perfecto na articulación de dous mundos.

O investigador Maximino Fernández Sendín escribiu a última biografía de Alfonso Graña. Coa súa axuda, CRÓNICAS puido entrevistar á familia directa que aínda lembra a súa fazaña, tanto en Galicia como en Iquitos, Perú.

Alfonso Graña, Ambuxo, Bisuma e Cesáreo Mosquera

O documental, con guión de Reyes Ramos e realización de Arturo Villacorta, rescata episodios e personaxes pouco coñecidos ; galegos emigrados á selva, entre os que salienta Cesáreo Mosquera, que foron pezas clave para a expedición científica máis importante da República : a expedición Iglesias ao Amazonas.

Crónicas - Alfonso Graña "o rei dos xíbaros" en A la Carta de RTVE.