PAZO DE RECIMIL

Na fegresía de Poutomillos concello de Lugo, érguese esta antiga mansión señorial que pertenceu á liñaxe dos Teixeiro de Mera, e que por herdanza de femia pasou ós Xil Taboada, que deron eclesiásticos de sona a Igrexa galega. Nos Serodios anos do XIX pasou por venda a familia do contratista Arrieta, e xa na actualidade o industrial apelidado Conde Medín que o reformou voltando ó esplendor de épocas lonxanas.

Nos anos do século XVI, temos como dono da casa de Recimil a Alonso Díaz Teixeiro, home de D.ª Catalina López de Saavedra e Espada emparenta cos seus veciños da casa do Fidalgo. Neto de este matrimonio deveu de ser Lope Teixeiro, dono da casas de Recimil, Chamoso e Vilaestevez, home que foi de D.ª Mariana Bermúdez, fillo dos cales foi D.JUAN TEIXEIRO E BERMÚDEZ, que casou con D.ª Felipa de Ulloa e Sotomaior de Seixas señora de Saa en Chantada sendo pais asimesmo de D.ª MARIANA TEIXEIRO E SOTOMAIOR, que casara con D. Gregorio Gil e Taboada, dono do pazo e solar de Barcia en terras de Deza, bautizado en Barcia o 4-I-1685 fillo de D. Pedro Gil e Taboada e de D.ª Flavia Gil, e irmán do bispo de Lugo D. Cayetano Gil e Taboada, despois arcebispo de Santiago.

I XERACIÓN
  • D. Gregorio Gil e Taboada
    Casou na parroquia de Poutomillos o 16 de maio de 1705 con D.ª Mariana Teixeiro Bermúdez e Sotomaior. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN
  1. D. JUAN ANTONIO GIL TABOADA. Señor da casa de Barcia. Foi rexedor de Lugo a mais depositario de probas no Santo Oficio da Inquisición de Santiago
    Casou con D.ª Ana Rosa Ortega e Lemos. Filla de D. Felipe Ortega, Rexedor de Lugo, e de D.ª Catalina Baltasara e Lemos. Tiveron por fillos a III:
  2. D.ª Josefa Gil Taboada.
  3. D.ª Rosa Gil Taboada. Casou con D. José Antonio de Taboada e Mosquera señor de Liñares.
  4. D.ª Cayetana Gil Taboada.
  5. D. Vicente Gil Taboada. Nado en Barcia o 21 de marzo de 1720. Coengo de Santiago.
  6. D.ª María Manuela Gil.
    Casou con D. Benito Gil Taboada Lemos e Villamarín, señor da fortaleza e xurisdicción de Villamarín e das de Des, Cristimil, etc. Procurador Síndico Xeneral de Santiago, VI conde de Taboada.

III XERACIÓN
  1. D. Ramón Gil Taboada e Ortega. Nado na parroquia de Santiago en 1786. Fixo probas para entrar en Fonseca.
  2. D. Manuel Gil y Ortega. Figura no padrón de Calleita de 1763
  3. D.CAYETANO GIL TABOADA E ORTEGA. Rexedor de Lugo.
    Casou con D.ª Antonia Santiso e Riego, oriunda da casa de Vilasuso en Carral (a Coruña). Filla de D. Antonio Santiso, rexedor da cidade de Coruña é de Dª Manuela Riego. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN
  1. D. Ramón Gil Taboada e Santiso. Nado en Lugo en 1781.
  2. D. Antonio Gil e Santiso.

Dono de estes bens a finais do século XIX foi D. VICTORIANO GIL E MOREIRA, tras o cal se venderon a familia dos Sánchez Latas.

CASA DE BARCIA

I XERACIÓN
  • ANDRÉS GIL DE TOIRIZ
    Casou en 1600 con María Taboada de Losón. Falecida o 18 de xaneiro de 1634. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN
  • D. JORGE GIL DE TABOADA. Bautizado na parroquia de Losón concello de Lalín (Pontevedra) o 13 de xaneiro de 1634.
    Casou coa súa curmá D.ª Margarita Gil e Taboada. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN
  • D. PEDRO GIL Y TABOADA. Barcia 28-11-1663. Testou en 1718.Foi señor da Casa de Barcia
    Casou con D.ª Flavia Gil e Taboada. Falecida na parroquia de Barcia concello de Lalín o 29 de decembro de 1689. Filla de D.Antonio Gil e Taboada e de D.ª Antonia de Camba e Ribadeneira. D.ª Flavia. Tiveron por fillos a:

IV XERACIÓN
  1. D. Gregorio Gil de Taboada. Nado na parroquia de Barcia o 4 de xaneiro de 1685. Falecido na parroquia de Postomillos o 16 de maio de 1715).
    Casou con Dª Mª Ana Teixeiro Bermudez (o Ulloa y Sotomaior). Señora das casas de Villaestevez e Recimil.
  2. D. Cayetano Gil Taboada. Nado en Barcia o 7 de agosto de 1688. Falecido en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1751. Colexial maior de Santa Cruz en Valladolid. Rector do Colexio Maior de Fonseca. Fiscal da Inquisición de Sevilla. Bispo de Lugo (1736-1745). Arcebispo de Santiago (1745-1751).
  3. D. Antonio Gil Taboada.

Heráldica

Loce o devandito pazo, dúas fermosas pedras heráldicas, unha máis antiga ca outra.

Descrición: A maís nova, de feituras manieristas, tímbrase con ielmo empenachado, partíndose o campo do brasón, presentándosenos na primeira partición destra as pombas e o castelo do Castro das Seixas, propio da liñaxe dos Seixas; no cantón sinistro, un teixo sobor do que descansa unha águia Coroada, aludindo o apelido dos Teixeiro.

Escudo antigo da torre. O cal foi usado de modo para execución do antedito.

N. do A. Na eirexa parroquial, outro escudiño perteñecente a os Xil e Taboada que nos foi imposible de ver.

Esta familia tiña unha gran casa na praza maior de Lugo, como podemos ver no Catastro do Marqués da Ensenada onde achamos a:

D. Juan Gil Taboada Regidor de la ciudad de Lugo; de treinta y cuatro años, vivía con su esposa, tres hijos varones y dos hijas, su madre, cuatro sirvientes y cinco sirvientas.

Propiedades: una casa de planta baja y piso alto en la Plaza Maior, que medía ocho varas de frente y treinta de fondo, otra vivienda de piso alto en la misma plaza, que medía cinco varas de frente y treinta de fondo; otra vivienda de planta baja en el Carril de la s Campanas, de cuatro varas de frente y seis de fondo, otra vivienda de planta baja en el mismo sitio de cuatro varas de frente y seis de fondo, otra casa de cinco por seis varas en el mismo lugar; otra casa en el barrio de Santo Domingo, de tres varas de frente y cuatro de fondo; otra vivienda en el mismo barrio, de cinco varas de frente y seis de fondo; otra vivienda en Santo Domingo, de diez varas de frente y cinco de fondo; otra casa en el mismo barrio de seis varas de frente y ocho de fondo; otra vivienda en el lugar de Segade, de quince varas de frente y seis de fondo, otra casa de planta baja en la misma aldea de seis varas de frente y ocho de fondo, otra vivienda el mismo lugar de quince varas de frente y seis de fondo, otra vivienda de planta baja en la misma aldea de nueve varas de frente y cinco de fondo; además de quince parcelas, dieciocho ferrados de monte de segunda calidad, treinta ferrados de monte de tercera calidad, diez ferrados de dehesa de primera calidad, quince de segunda, quince de tercera, dos ferrados de sotos de castaños de primera calidad, dos de segunda y dos de tercera, todo ello en el lugar de Segade, todas las parcelas estaban cerradas por muros de piedra. Además era dueño de tres molinos harineros en el mismo lugar, un canal o caneiro en el río Miño que lo tenía arrendado en diez docenas de anguilas.

Rentas que pagaba: al Hospital de San Juan de Dios, pagaba veintidós reales en concepto de foro, a la fábrica da catedral de Lugo, trece reales y 26 maravedís para alimentar una lámpara de aceite, a la dignidad episcopal quince fanegas de centeno y diecinueve reales por foro; al Hospital de San Lorenzo, situado a extramuros de la ciudad media fanega de centeno por foro; al convento de monjas de la Nova, sesenta y seis reales por réditos de un censo rédemible; a D. Juan Bernardino Vasadre, vecino de la ciudad de Santiago de Compostela, quince ferrados de Trigo por foro; el convento de san Francisco de Lugo, dieciséis reales de vellón por una ofrenda, además de un cuarto de un carnero, dos panes, dos cuartillos de vino y una vela de cera de una cuarta.

Por sueldo de regidor 3.117,22 reales.

I XERACIÓN
  • D. JUAN ANTONIO GIL-TABOADA. Señor da Casa de Barcia. Alcalde de Lugo. Depositario de probas do Santo Oficio da Inquisición.
    Casou con D.ª Ana de Ortega e Lemos. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN
  1. D. CAYETANO GIL TABOADA e LEMOS. Señor da casa de Barcia. Rexedor Pérpetuo de Lugo.
    Casou con D.ª Teresa Juana Santiso do Riego. Oriunda da casa de Vilasuso en Carral (a Coruña). Tiveron por fillos a III.
  2. D. Ramón Gil de Ortega. Colexial no Maior de Fonseca.

III XERACIÓN
  1. D. Ramón Gil-Taboada y Santiso. Nado en Lugo en 1781. Guardiamariña en 1797.
  2. D. Antonio Mª Gil-Taboada.