Eu non son un home do Mar. Crieime na miña ciudad departamental de espaldas ó mar, e mesmo diría, amurallado fronte ó mar. Tiven que ter certa autonomía de movementos para chegar a sentir a fascinación polo Mar, e ise mesmo Mar transformou a miña fachenda e orgullo adolescentes nunha pequena croqueta desmadexada á súa beira na praia de Doniños, dándome a lección definitiva que logo poiden albiscar na súa xente: fondo respeto. Porque logo tamén soupen que hai xente que é do Mar, e unha crara liña nos separa dela por moitos esforzos que fagamos.

Un vello do Mar fixo nunha ocasión un grande esforzo para que eu o comprenderes, mais, logo dun anaco mirándome ós ollos, soio me repetía estas palabras -No Mar todo é a Sorte- repetíamo moitas veces inseguro de que eu poidese apreender o senso total do que me estaba a decir. Penso que se estaba a referir a que alí non valen ren as previsións e cálculos a que estamos acostumados os homes da Terra, que alí mandan outras leises -as do Mar- que forzan a vivir ó momento, e que soio se pode alcanzar ganancia se Deus e o Mar así o queren.

Non sei si o conquireu, pero sí sei que os homes de O Bahía eran homes do Mar, e homes comprometidos con él. Ese Mar que lles daba esta vida agora quitoullela, i eu dende a Terra, non podo facer outra cousa que adicarlles estas liñas coma un pequeno tributo.

Ricardo Lago Couce