Voume facer eco dunha polémica suscitada co gallo do milenario de Sancho III El Mayor o pasado 29 de Maio. Elixiuse Hondarribia pola súa posición central con respecto ó Pais Vasco para alugar o monumento chamado "Atalaya de Sancho III el Mayor". Ó acto institucional aparte das autoridades locais asistiu o presidente do Goberno Vasco, agás doutras autoridades. Nese acto reclamouse a figura de Sancho III El Mayor coma "rey de los vascos".
Eu non son historiador, polo que non entro en terreos que non domino, pero tampouco entendo esa necesidade de crear reis ou reivindicalos para obter recoñecemento no mundo, por fora da motivación lexítima de tratar de aproximarse á "verdade" histórica.

Ó que lle interese o tema pode doadamente atopar información en Internet, eu só vou destacar o discurso do historiador Roldan Jimeno Aranguren no acto xa citado:

Intervención de Roldan Jimeno Aranguren, Historiador, en el Homenaje a Sancho III el Mayor

e a última opinión lida por min de José Luis Sáenz Lerena en larioja.com, que me parece ben documentada:

La familia ¿vasca? de Sancho III el Mayor

Ricardo Lago Couce