No 1908 faise oficial o himno galego sobre o poema Os Pinos de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga. Vai case un século dende aquela data, e moitos de nós sentímonos moitas veces coma irmáns cando o cantabamos nas xuntanzas, tíñamos a percepción de que una emoción moi fonda expresábase dese xeito dende os nosos corazóns ó unísono. Para ós da miña xeración non tiña ese sentimento entre fastío e aburrimento que soe acompañar moitas veces ós cánticos cando son executados dende o poder e xa desconectados do sentir cidadán.
Fai uns días uns papeis puxéronme de novo fronte ó texto de Pondal e gustoume relelo (a pesares do dito, tamén acabamos repetindo estrofas esquecidos do que din), e aproveitando a ocasión aquí o tedes:

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


Podedes baixar unha versión dende a páxina da Xunta en formato mp3
Himno Galego completo (mp3 1.110 K)

Ricardo Lago