I XERACIÓN

  • Rodrigo Sanjurjo. Señor do pazo de Bodán situado na parroquia de San Simón da Costa concello de Vilalba (Lugo). (aportado pola foreira Milcuentos).
  • Vasco Sanjurjo. Do pazo de Bodan. Tivo por filla a:

II XERACIÓN

  • Ines Fernández. Natural da parroquia de San Simón da Costa. Tivo por filla a:

III XERACIÓN

  • Ines Fernández Sanjurjo. Natural da freguesía de O Freixo.
    Casou con Antonio Fernández. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Juan Fernández Sanjurjo. Natural da parroquia de San Simón da Costa.
    Casou con Ana López. Natural da parroquia de Labrada concello de Abadín (Lugo). Filla de Juan García de Otero e Inés López, naturais da parroquia de Labrada. Tiveron por fillo a:

V XERACIÓN

  • Francisco Fernández Sanjurjo. Natural da parroquia de San Simón da Costa.
    Casou con María Fernández (para a súa xenealoxía ver Seixas Fernández Muras - Lugo). Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • Blas Fernández Sanjurjo. Natural da parroquia de San Simón da Costa. Colexial de Fonseca (1681).

Fonte

Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela