I XERACIÓN

  • Pedro García das Penelas. Casou con Marina Alonso de Rubiños. Naturais da parroquia de Bexán ou Rubiños concello de Cospeito (Lugo).

II XERACIÓN

  • Pedro García de Rubiños. Natural do pazo de Rubiños sita na parroquia de Bexán ou Rubiños.
    Casou con María de Páramo Montenegro. Natural do concello de Castroverde (Lugo). Filla de Diego López de Páramo, natural do concello de Castroverde, e de Ines Freire de Andrade, natural do pazo de Rubiños sita na parroquia de Bexán ou Rubiños.

III XERACIÓN

  • Vitoria de Rubiños e Penelas. Naturais da parroquia de Bexán ou Rubiños.
    Casou con Juan Freire de Andrade (para a súa xenealoxía ver Freire de Andrade Cospeito Lugo).

IV XERACIÓN

  • Manuel José Francisco Antonio Freire de Andrade e Rubiños. Nado o 1 de xuño de 1682 na parroquia de Xustás, foi bautizado o día 4. Colexial de Fonseca (1701).

Fonte: Páxina web do arquivo histórico universitario da universidade de Santiago de Compostela