A casa dos Barreras tiña a súa orixe no concello de Páramo (Lugo) da que fora posuidor D. Alonso de Ulloa Ribadeneira Cabaleiro da orde de Santiago.

Tiñan outra casa na parroquia de Oza concello de Teo (A Coruña) que se nomeaba de Gondelle. A obtivera D. Francisco de la Barrera rexedor perpetuo da cidade de Santiago de Compostela que saira da casa de Páramo. A súa morte recaiu en D Antonio Villar de la Barrera sobriño seu señor das casas e fortaleza de Cornoces.
En 1784 era propiedade de D. Antonio del Villar e Montero. Na fachada había un escudo coas armas dos Barreras e Mosquera. As armas dos Barreras eran “tres faxas encarnadas o de color de fuego en campo blanco” “como se reconoze de su pintura y labor”.

I XERACIÓN

  • D Domingo de la Barrera. Casou con Dª Francisca de Erosa. Tiveron por fillo a:

I XERACIÓN

  • D Domingo de la Barrera. Bautizado na parroquia de Arcos da Condesa concello de Caldas de Reis (Pontevedra) o 10 de abril de 1616.
    Casou na parroquia de Arcos da Condesa o 2 de maio de 1644 con:
    Dª María de Sabaris. Bautizada na parroquia de Arcos da Condesa o 2 de febreiro de 1617. Filla de D Juan de Sabaris e Dª Justa Carrzela. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D Pedro de la Barrera. Bautizado na parroquia de Arcos da Condesa o 20 de outubro de 1646. Testou o 22 de marzo de 1696 ante Juan Vázquez de Guzman veciño da cidade de Santiago.
    Casou con Dª María Luisa Mariño. Natural da parroquia de Arcos da Condesa. (para a súa xenealoxía ver a linaxe Mariño). Testou o 2 de xaneiro de 1693 ante Antonio de Soto e Notal, veciño da parroquia de Briallos concello de Portas (Pontevedra). Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  1. D Gaspar de la Barrera Mariño.
  2. D Fernando de la Barrera Mariño. Bautizado na parroquia de Arcos da Condesa o 14 de setembro de 1692. Testou na vila de Mugardos o 16 de febreiro de 1768 ante Nicolas Vieites de Verea.
    Casou con Dª María Antonia Anastasia de Covas. Natural da parroquia de San Cristobo das Viñas concello de A Coruña. Soterrada o 13 de xaneiro de 1731 na igrexa de Santa Baia de Lubre sita na vila de Ares. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  1. D Gregorio Mariño de la Barrera.
  2. Doutor D Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo. Nado na vila de Ares (A Coruña) o 5 de novembro de 1737. Colexial maior de Fonseca. Do Consello da Súa Maxestade, Alcalde da súa real casa e corte. O 2 de abril de 1784 o rei lle deu unha cruz de cabaleiro pensionada da orde de Carlos III.

FONTE

  • Espediente da orde Carlos III de Juan Mariño de la Barrera y Cobas Mariño y Pardo