O Catastro do Marqués de la Ensenada Título: O Catastro do Marqués de la Ensenada.
Autor: María Dolores Pereira Oliveira (Dir.).
Edita: Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Páxinas: 32p.
ISBN:84-453-4339-1
Extras: CD coa base de datos do Catálogo para sistemas operativos Mac Os X e Windows XP.

O obxectivo deste volume é compilar unha parte máis do Catastro do Marqués da Ensenada (1752) para a provincia de Lugo. Este censo supón unha das ferramentas básicas empregadas polos xenealoxistas e mailos sociólogos para coñecer a estruturación demográfica de todo o estado a mediados do século XVIII.

"O catastro do Marqués de la Ensenada" foi elaborado a través dos documentos e fondos presentes no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Asemade, tamén se empregaron os documentos preservados nas entidades territoriais que hoxe corresponden ás antigas provincias de Mondoñedo, Lugo e Ourense, división territorial da Galicia durante os tempos deste censo, e que hoxe conformarían a actual provincia de Lugo. Estes documentos foron os mesmos que lle serviron ao goberno de Fernando VI para obter un maior control sobre os españois.

Fonte: Consellería de Cultura e Deporte Publicacións