O Museo de Historia Natural Luís Iglesias é o continuador do que fora o gabinete de Historia natural que Antonio Casares creou na Universidade de Santiago no curso 1840-1841. Desde entón encárgase á catalogación de todo o patrimonio histórico-científico, recollendo as investigacións que fixeron desde científicos como José Rodríguez, Víctor López Seoane ou Isidro Parga Pondal. Por ben, a Consellería de Cultura acaba de aprobar unha partida de 36.000 euros para o proxecto de dixitalización dos fondos. É un dos traballos de catalogación dos fondos do museos científico máis importante de Galicia.

Contido procedente de culturagalega.org, 27-06-2005