É unha aplicación da AGAL que nos permite dun xeito sinxelo atopar os lugares, parroquias, concellos e comarcas, e ver a súa sitruación nun mapa físico de Galicia. Inclue tamén un mapa político municipal e outro comarcal. O programa está escrito na normativa de mínimos (podemos elixir un modo máis avanzado) o cal pode despistar ós que non están familiarizados (nh por ñ, ç por z, lh por ll ...) pero aínda así paréceme un atranco pequeno (¡ollo!, estoume a referir ás nosas buscas xenealóxicas) se o comparamos coas súas prestacións, xa que podemos localizar dun xeito moi rápido calquer lugar de Galicia, por palabra exacta ou aproximada, e saber a que parroquia, concello e comarca pertenece.

Ler máis en A toponímia galega em galego
Descargar => Topogal 8,22 Mb

Reproduzo un fragmento do seu chamado a colaboración:

Colaborar com o Projecto TOPOGAL
O programa TOPOGAL nom é fruto de um projecto fechado. Trata-se de um projecto aberto que permite o constante enriquecimento e acréscimo da informaçom fornecida para cada topónimo. No Portal Galego da Língua existe umha página desde a qual se podem efectuar voluntariamente contributos particulares de todo tipo relativos a qualquer topónimo: informações etimológicas, geográficas, populacionais, históricas...
Periódicamente, a Comissom de Informática da AGAL irá produzindo novas versões do programa nas quais se incorporarám os novos contributos lhe que tenham ido chegando. Pode-se aceder à página do Projecto TOPOGAL em:

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=Reviews