Orixes: O camiño da casa Dende a administración de Soios nos informan do lanzamento da versión 1.0 do buscador de xenealoxía Oribus. Agora inclúe sitios de xenealoxía española e portuguesa, i entre eles Xenealoxía.org.

"O cambio representa un importante salto cualitativo ao incorporar 26 sitios de internet, que en total xeraron 700.000 relacións. Na primeira fase de carga exploráronse 150 Gb de páxinas web, obtendo 1.230.000 palabras relacionadas."

Isto fai que o que moitas veces é un tedioso traballo nas buscas, fagámolo en milésimas de segundo. Bótase en falta na presentación dos resultados dalgúns sitios o segmento do texto que envolve o termo da busca para orientarnos se imos no camiño correcto. Dito esto co anímo de seguir adiante nunha ferramenta que xa é espectacular para unha 1.0.
Ollo! que os administradores do Oribus non se durmen, xa que o buscador presentanos o texto de arredor do termo da busca en tódolos casos. (Corrixido:18-10-2006)

Podes probalo buscando un apelido en: http://orixes.soios.com/oribus/index.php.

Se tedes unha web de xenealoxía e queredes engadila ao buscador, debedes enviar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..