Linaxe da casa torre de Vigo sita na parroquia de Bacurín concello de Lugo

I XERACIÓN

  • D. José Fernández de Prado Saavedra e Mera
    Casou con D.ª Elena de Neira e Saavedra. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • D. Miguel de Prado Saavedra e Mera
    Casou na parroquia de Soñar concello de Lugo o 28 de xaneiro de 1733 con:
    D.ª Antonia Cornide Gayoso Montenegro. Tiveron por fillo a:

III XERACIÓN

  • D. Ramón de Prado e Cornide
    Casou con D.ª Teresa Jacinta Pérez das Seixas e Mejorada. Tiveron por filla a:

IV XERACIÓN

  • D.ª Josefa de Prado e Seixas (ou Pérez das Seixas e Prado).
    Presentera no beneficio curado de San Romao da Retorta (parroquia do concello de Lugo) e descendente das casas de Ulloa de Mera, Gayoso de Vilamoure, Vilamaior de Negral e Prado da Torre do Niño do Can
    Casou con D. Juan Ramón de Abel (para a súa xenealoxía ver Abel Casa de Infiesta).