TORRE DE XERDIZ concello de Ourol (Lugo).

A linaxe dos Cora é oriunda da Mariña Lucense no bispado de Mondoñedo, comarca Vivairense.

Unha morea de persoeiros de esta noble saga, foron rexidores de Viveiro e Mondoñedo, tendo asimesmo casa nas terras Vilalbesas.

Escudo de Armas

.

Traen os Coras, unhas armas que aparecen vencelladas a os Aguiares, a pesares de telas propias. Estas propias figuran en campo de azur, unha árbore de sinople recercada de prata. Da árbore, e pendentes, cinco panelas de gules, mais grande a do medio. Os Pérez de Cora da torre e ferrería de Brabos, adoitan traguer ambolos dous lados da árbore, unha águia e un lión da sua coor, e en fondo de prata.

Como petrucios, no século XV temos o matrimonio de:
Iñigo Gonzalez de Cora
Casou con María Fernández Pita, de quen é sucesor:

I XERACIÓN

  • GONZALO PÉREZ DE CORA (o vello). Señor Xurisdiccional de Bravos
    Casou con Urraca Fernández Mesía é Aguiar. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. PEDRO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR. Veciño que foi de san Xulián de Lestrobe.
    Casou con D.ª María Fernández Alfeirán e Osorio. Tiveron por fillos a III.
  2. Juan de Cora e Aguiar.

III XERACIÓN

  1. D. Luis de Cora.
  2. Capitán. D. PEDRO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR. Señor da Ferrería de Bravos.
    Casou con D.ª Inés Rodríguez. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • Capitán D. GONZALO FERNÁNDEZ DE CORA E AGUIAR
    Casou con D.ª María Pardo Aguiar Baamonde. Tiveron por fillo e sucesor a:

V XERACIÓN

  • D. FRANCISCO DE CORA E AGUIAR
    Casou con D.ª Manuela Ventura Saavedra e Taboada. Tiveron por fillo a:

VI XERACIÓN

  • D. ISIDRO DE CORA E AGUIAR
    Casou con D.ª Rosa Pardo Saavedra Montenegro. Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • D. PEDRO NOLASCO DE CORA E AGUIAR. Señor da torre de Xerdiz.
    Casou con D.ª Rosa Díaz Otero. Tiveron por fillo a:

VIII XERACIÓN

  • D. FRANCISCO XEROME DE CORA E AGUIAR
    Casou con D.ª María Antonia Cao de Cordido Maseda e Colmenares. Tiveron por fillo a:

IX XERACIÓN

  • D. JOSÉ DE CORA AGUIAR E MASEDA
    Casou con D.ª Cármen Vázquez Cadorniga e Boado, orixinaria da casa de Cadorniga en S. Martiño do Río Sarria. Tiveron por fillos a:

X XERACIÓN

  1. D. DARÍO DE CORA E VÁZQUEZ
    Casou con D.ª Teresa de Cora e Pasarón. Tiveron por fillo a XI.
  2. D. Cidre de Cora e Vázquez.
  3. D. Alexandre de Cora e Vázquez.
  4. D. Daniel de Cora e Vázquez.

XI XERACIÓN

  • D. JESÚS DE CORA E CORA. Tenente coronel auditor da armada
    Casou con D.ª Elisa de Lira e Montenegro. Tiveron por fillo a:

XII XERACIÓN

  1. D. Jose de Cora e Lira.
    Casou con D.ª Obdulia Treviño Méndez. Tiveron por fillos a XIII.
  2. D. Jesus de Cora e Lira. Xeneral auditor da Armada.
    Casu con D.ª María do Cármen López Prieto.
  3. D.ª Tereixa de Cora e Lira.
  4. D.ª María de Cora e Lira.
  5. D.ª Rita de Cora e Lira.
  6. D.ª Asunción de Cora e Lira, monxa.
  7. D.ª Carmen de Cora e Lira, monxa.

XIII XERACIÓN

  1. D.ª María Jesus de Cora Treviño
  2. D.ª Rosa de Cora Treviño
  3. D.ª Carmen de Cora Treviño

Outros Cora

Cora de Viveiro, provintes da casa de Bravos:

I XERACIÓN

  • GONZALO PÉREZ DE CORA
    Casou con Urraca Fernández de Aguiar. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • JUÁN DE CORA E AGUIAR, viviu en Viveiro a comenzos do século XVII.
    Casou con D.ª Juana de Guzmán, que otorga instrumento de dote, xa viuva o 8 de febreiro de 1625, a fin de que sua filla casase con Rodrigo Sánchez de Lama Vivero. Otorgou testamento en 1633, nomeando por herdeiros os seus fillos:

III XERACIÓN

  1. GONZALO PÉREZ DE CORA E AGUIAR (o Mozo)
    Casou con D.ª Antonia Sanjurjo Montenegro. Tiveron por fillo a IV.
  2. D.ª Catalina de Guzmán e Aguiar. Casou con D. Rodrigo Sánchez de Lama.

IV XERACIÓN

  1. D. Juan Antonio de Cora Guzmán e Aguiar. Viviu na casa familiar da Rua do Sol de Viveiro donde campa unha lampa heráldica (1º Guzmán, 2ºMontenegro 3º Aguiar, 4º Montenegro).
    Casou con D.ª Jacinta Somoza e Osorio. Tiveron por fillos a V 1 a 4.
  2. D. JACINTO PEREZ DE CORA GUZMÁN E AGUIAR
    Casou con D.ª Juana Pardo de Cela. Foron antecesores de V 5.
  3. D.ª María Montenegro
    Casou con D. Fernando Ponce de León. Rexidor de Santa Marta de Ortigueira

V XERACIÓN

  1. Licenciado D. Francisco Antonio Pérez de Cora Guzmán y Aguiar Cura de Santa María de Galdo.
  2. D.ª Jacinta Antonia Guzmán e Aguiar. Monxa en Ferreira de Pantón.
  3. D.ª Josefa Antonia Guzmán e Aguiar. Monxa en Viveiro.
  4. D.ª María Antonia de Cora Guzmán e Aguiar Somoza Pallares.
    Casou con D. Juan Pardo de Viveiro e Pumariño.
  5. D. MANUEL DE CORA E GUZMÁN, da casa de Nete en Vilalba.
    Casou con D.ª Manuela Jacinta de Noboa e Quiroga, dona da casa grande de Abol en San Xoan do Campo Lugo.

PAZO DE GRANDAILLE, concello de Alfoz (Lugo)

I XERACIÓN

  • DIEGO DE CORA. Rexidor de Viveiro.
    Casou con Isabel de Pedrosa. Filla do capitán Andrés de Pedrosa e de sua dona Ana de Prada. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

  • DIEGO DE CORA. Rexidor de Viveiro.
    Casou con Isabel de Ron. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • D.ª MARÍA DE CORA E PEDROSA
    Casou con seu parente o capitán D. Diego de Cora e Miranda. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • D. DIEGO VENTURA DE CORA E MIRANDA
    Casou con D.ª Rosenda de Cancio. Tiveron por fillos a:

V XERACIÓN

  1. D. DIEGO BERNARDO DE CORA E MIRANDA
    Casou con D.ª María Estrada e Somoza. Tiveron por fillo a VI.
  2. Baltasar de Cora e Miranda.
  3. Isabel de Cora e Miranda.
  4. Antonia de Cora e Miranda.

VI XERACIÓN

  • D. ANTONIO DE CORA E MIRANDA
    Casou con D.ª Josefa Bolaño e Faxardo. Filla de D José Bolaño e D.ª Francisca Faxardo (filla esta de Felipe Sanjurjo e D.ª Francisca Faxardo e Cora), donos do pazo de Grandaille, en Alfoz.
    Tiveron por fillo a:

VII XERACIÓN

  • D. MIGUEL DE CORA E BOLAÑO
    Casou conD.ª Rosalía Prieto Pasarón de Cabarcos. Tiveron por fillos a:

VIII XERACIÓN

  1. D.ª Teresa de Cora Pasarón. Casou con D. Darío de Cora e Vázquez.
  2. D. ANTONIO DE CORA PRIETO PASARÓN DE CABARCOS
    Casou con D.ª Carlota Mas Villafuerte. Tiveron por fillo a IX.
  3. D.ª Joaquina de Cora e Pasarón.
  4. D. Manuel de Cora Pasarón.

IX XERACIÓN

  • D.PURIFICACIÓN ANTONIO DE CORA MAS VILLAFUERTE.
    Fundador do diario “El Progreso” de Lugo. Gobernador civil de Albacete e Ciudad Real.
    Casou con D.ª Teresa Sabater Becerra. Tiveron por fillos a:

X XERACIÓN

  1. Antonio de Cora Sabater.
  2. Purificación de Cora Sabater.
  3. María Teresa de Cora Sabater.
  4. José de Cora Sabater.
  5. Mercedes de Cora Sabater.

Cora de Mondoñedo

I XERACIÓN

  • Juan de Cora. Rexedor de Mondoñedo en 1580. Tivo por filla a:

II XERACIÓN

  • María de Cora e Vaamonde.
    Casou con Don Lanzarote Mesía e Alfeiran. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • Josefa Mesía e Cora
    Casou con Rafael de Parga e Montenegro. Rexedor de Viveiro.

Outros Cora de Mondoñedo

  • D. Pedro Fernández de Cora. Rexedor de Mondoñedo nos anos 1620 – 21.
  • D. Alonso de Cora vivía en Mondoñedo por 1714
  • En 1797 testou a nai de Luis de Cora rexedor de Mondoñedo
  • Moraba en Mondoñedo por 1808 o crego D. Francisco de Cora e Aguiar
  • Era procurador de Mondoñedo nas mesmas datas que o anterior D. Antonio de Cora e Aguiar
  • Así mesmo como capitular figura D. Gabriel de Cora (Ver Cora de Mondoñedo).