A parroquia de Saavedra concello de Begonte (Lugo), pertencente o bispado de Mondoñoedo, é coñecida en toda a Terra Chá luguesa por o seu abogoso santuario, que foi asimesmo moi visitado po-los peregrinos que de camiño a Compostela (como faí alusión unha cabeza tocada con gorro e vieira, colocada sobor da porta da sacristía) e de paso por Vilalba (antano Santa María de Montenegro) saindo po-la rúa Noba da capital Chairega en dirección a este Santuario para logo seguir camiño en dirección a Sobrado por terras de Gayoso. A pesares do rodeo (atrásanse unhos 10 km) era unha alternativa muy a ter en conta po-los pelegrins, que atopaban en Saavedra cobixo e esmola.

A casa Forte, está situada a carón da eirexa parroquial, sendo restaurada recentemente, conservándose unha porta de mochetas e un escudiño, esta casa foi destruída por as Irmandades e despois reconstruída, parece ser asimesmo que eran donos de outra casa que cecais fose hospital de pelegrins, situado o carón da eirexa parroquial, este edificio foi desfeito o reconstruirse a rectoral.

Sobor da marxe dereita do río Miño esténdese esta fegresía que foi antergo “Coto Redondo” exercendo o señorío Dª. Joaquina de Oca , que nomeaba Xuez Ordinario (datos do Madoz).

Gozaba esta casa de Saa Vedra ( o sala vieja) de fama anterga, así Vasco de Aponte dícenos:

“oí falar que era de la Era de 1360 (año 1322) poco mas o menos, que tenía un caballero que llamaba RODRIGO ALONSO DE SAAVEDRA, que oí a viejos que era gran hombre e algunos que me dixeron que heran suyos al pié de 700 vasallos y algo de ellos va fora de la tronquidade, y deste Rodrigo Alonso quedó una hija bastarda y casó con ella un hombre grande en hechos, travieso que se llamaba Alonso Díaz de Tornedo (o de Farman) muy esforzado, y era de casa de 30 de acaballo, y queriendo probar todo lo perteneciente a la casa, unos dicen que lo prendió el conde D. Pedro, otros dicen que fue el Duque de Arjona y empozaronle en el Rio Miño, otros dicen que en el Ladra, y hoy en día se llama “Pozo del Alonso” Este Alonso Díaz bién creo que lo que él quería era señorear por la casa, serían 800 vasallos porque le iba Castro de Rei en la contra”.

I XERACIÓN

  • ALONSO DÍAZ. Tivo por fillo a:

II XERACIÓN

  • ALONSO LÓPEZ DE SAAVEDRA
    Casou con Dª. Teresa Rodríguez de Aguiar Pardo Montenegro. Tiveron por filla a:

III XERACIÓN

  • COSTANZA LÓPEZ
    Casou con Ares Vazquez de Parga. Tiveron por fillo a:

IV XERACIÓN

  • FERNAN ARES DE SAAVEDRA. Segundo Aponte, tivo os mesmos vasalos que seu pai, e con mais os ganados de seu tio Martín Vazquez de Vaamonde e tiña casa de 25 escudeiros bos.

HERÁLDICA

Na capela maior da igrexa parroquial, consérvase a lauda do enterramento de Rodrigo Gónzalez de Ribadeneira e de súa dona Dª. Violante de Saavedra, señores que foron da casa de Villaguisada. Nesta mesma lousa, un escudo cuartelado por a cruz flordelisada e cargada de vieiras dos Ribadeneiras, sendo as particións: 1ª barras escaqueladas dos Saavedras, águia exployada dos Aguiar, 3º lousa sobor de lagartos dos Losada, 5º un crego que representa o ministerio presviteral.