* Da introducción ó libro:
- "Apresentamos nestas páxinas unha pequena aproximación ao mundo dos pazos na Galiza do Antigo Réxime. Quixemos titula-la 'A fidalguía galega. Un breve enxergar histórico' porque o que se contén nas seguintes liñas non é senón unha infinitésima parte da vasta historia da pequena nobreza galega durante a Época Moderna (...). Título: A fidalguía galega: Un breve enxergar histórico
Autor: Vítor Manuel Migués
Editorial: Tórculo Edicións
Fecha: 1997
I.S.B.N.: 84-89641-76-5


Con todo, e a pesar da amplitude do tema, non refugamos do mesmo pois de pequenos graos enchen-se os ferrados e da súa reunión aparecen as tullas. E acontece que, cando os graos son da mesma especie as diferéncias non anulan as fortes similitudes que subxacen na naturaleza intrínseca. É por iso polo que cando comenzamos a mergullar-nos no arquivo do pazo de San Fiz de Asma fixemo-lo coa esperanza de que o seu manexo nos permitise apreciar aspeitos da história da fidalguía galega no seu conxunto (...).
Asi pois quixemos, a pesar da súa cativeza, construir un produto sólido e mesmo asequível a boa parte dos amantes da História. Contamos para iso coa inestimável axuda desta última, pois os acontecementos pretéritos do pazo de San Fiz de Asma vincula-no de forma activa co pasado de mais de dez casas fidalgas que rematarían incorporadas neste, tal e como reflicten as suas entrambilicadas xenealoxías. Por tanto, esculcar na história da familia chantadina dos Prado supuxo tirar numerosas observacións en verbo de case quince familias galegas que xorden independentes entre si, pero cuxas liñaxes e domínios rematan reunidos nun património común".

* ÍNDICE DO LIBRO:

1.- Introducción.
2.- Crítica de fontes.
3a.- Un horizonte teórico: Sobre nobres, fidalgos e economias señoriais.
3b.- Unha visión externa: A nobreza inserida.
4.- Estratéxia familiar e xenealoxía da casa de San Fiz de Asma.
* Familia troncal.
* Liñas agregadas:
1º. Núcleo: Torre de Boedo e Casas de Velasar e Bodán. 2º. Núcleo: Casa de Fingoi e da Pena de Bravos. 3º. Núcleo: Os Neiras de Lugo.
5.- O patrimonio.
6.- A economía.
7.- A xeito de epílogo: Poder social e xustificación simbólica.
8.- Bibliografía.