I XERACIÓN

  • José Lorenzo Bugallal. Casou con María Saavedra Ramírez.

II XERACIÓN

  • Pedro Bugallal Ramirez. Notario.
    Casou con María Rafaela Muñoz Conde. Filla de Juan Muñoz Conde e Gregoria Alfaya Rabuñade.

III XERACIÓN

  • Antonio José Bugallal Muñoz. Nado na vila de Ponteareas o 17 de xaneiro de 1805.
  • José María Bugallal Muñoz. Nado na vila de Ponteareas o 23 de xullo de 1806.
  • José Ramón Bugallal Muñoz. Nado na vila de Ponteareas o 3 de febreiro de 1821. Notario.
    Casou con María Araujo Alcalde.
  • Manuela Bugallal Muñoz.
    Casou con José Álvarez Cabrero. Rexistrador da propiedade .
  • Joaquina Bugallal Muñoz.
  • Ramón Bugallal Muñoz. Párroco de Muíños.

IV XERACIÓN

  • Saturnino Álvarez Bugallal. Nado na parroquia de Areas concello de Ponteareas o 11 de febreiro de 1834 e falecido na cidade de Lisboa, onde era embaixador, o 5 de maio de 1885.
  • Benigno Álvarez Bugallal. Nado na parroquia de Areas concello de Ponteareas o 5 de setembro de 1837 e falecido en Alacante en 1894.
    Casou coa súa curmán Pilar Roig Bugallal.
  • Isidoro Bugallal Araujo. Nado o 3 de setembro de 1854 e falecido o 22 de abril de 1914.
    Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro da Casa de Castrelo. Falecida na cidade de Vigo o 5 de marzo de 1892. Filla de Evaristo Pedro de Castro. Neta da marquesa de Valladares. Sobriña de Elduayen.
    Casou en segundas nupcias con Pilar Marchesi Buhigas.
  • Gabino Bugallal Araujo. Nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 31 de maio de 1932. Conde de Bugallal.
    Casou con Cristina Rodríguez - Fajardo y Codesido da casa da Parda (Pontevedra) e da casa do Marco (Sendelle - Boimorto).
  • Darío Bugallal Araujo. Nado o o 23 de xullo de 1863. Casou o 15 de xullo de 1897 con María del Carmen Iravedra Pérez.
  • Luisa Bugallal Araujo.
    Casou con Víctor Usera Rodríguez, maxistrado.
  • Rafael Bugallal Araujo.
  • Felisa Bugallal Araujo.
  • Dolores Bugallal Araujo.

V XERACIÓN

  • Matilde Bugallal Rodríguez - Fajardo, condesa de Bugallal. Morreu sen sucesión.
    Casou co seu curmán Luis Usera Bugallal. Natural de Ponteareas.
  • Carmen Bugallal Rodríguez - Fajardo, condesa de Bugallal .
    Casou con Manuel Fernández Barrón. Natural de Ponteareas.

  • Tiveron cinco fillos.

Fonte:

  • VV AA Parlamentarios de Galicia Biografias de deputados e senadores (1810 - 2003) Real Academia Galega Parlamento de Galicia 2003
  • Arquivo Histórico Diocesano de Tui