I XERACIÓN

  • Luis Sobrino Iglesias. Nado en Pontevedra. Catedrático de Ética e Psicoloxía.
    Casou con Clara Rivas. Tiveron por fillos a:

II XERACIÓN

  1. Carlos Sobrino Rivas. Natural de Pontevedra. Pianista. Mestre deste instrumento no conservatorio de Londres Compartiu escenario con Isaac Albéniz, coa soprano Mary Smith, e co violinista Pablo Sarasate. Formou parte do Cuarteto Arbós.
  2. Ramona Sobrino Rivas. Natural de Pontevedra.
    Casou con Fernando Campo. Tiveron por fillos a III 1-2.
  3. Luis Sobrino Rivas. Natural de Pontevedra. Médico. Secretario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
    Casou con Carmen Buhigas. Tiveron por fillos a III 3-6.

III XERACIÓN

  1. Enrique Campo Sobrino. Nado en Pontevedra en 1890. Prometedor pintor e debuxante que finou de forma prematura aos 21 anos. Historiador. Socio de Mérito da Socidade Arqueolóxica de Pontevedra. Bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra. Membro do Coro Aires da Terra.
  2. Fernando Campo Sobrino. Escultor. Bolseiro en Roma.
  3. Luis Sobrino Buhigas. Natural de Pontevedra. Xinecólogo. Director do Hospital Provincial de Pontevedra.
  4. Juan Sobrino Buhigas. Xinecólogo.
  5. Carlos Sobrino Buhigas. Nado en Pontevedra en 1885. Falecido en Vigo o 4 de decembro de 1978. Pintor. Bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra. Galardonado na Exposición Regional de Santiago, no Salón de Otoño de Madrid, na Internacional de Barcelona, e na Nacional de Bellas Artes.
  6. Ramón Sobrino Buhigas. Nado en Pontevedra en 1888. Falecido en Valladolid con 58 anos. Naturalista. Catalogou os petroglifos galegos. Pai de:

IV XERACIÓN

  • Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Nado en 1915. Falecido en 1959. Historiador e escritor. Ao igual que o seu pai, afanouse na catalogación dos petroglifos. Académico non numerario da Real Academia Galega.

FONTES

  • RUIBAL, Arturo (2006): Pontevedreses. Ed. Diario de Pontevedra.
  • http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Sobrino_Buhigas
  • http://www.ctv.es/USERS/sananton/lleida.pdf