Estos días estáse a celebrar en Santiago o Congreso Internacional de Onomástica Galega Frei Martín Sarmiento.
Entre outros temas, foi tratado o dos alcumes, que en moitos casos deron lugar a apelidos coma Rubio ou Branco.
Noutro apartado tratouse o nome das vacas, dos cales nunca se fixo unha recollida, para ver o sentido que teñen. Sorprendeume agradablemente que se teña reparado neste tema, do que eu tamén teño interés.
E aproveito a noticia, para ver se alguén se anima a poñer nomes destes seres próximos durante tantos anos, e así facernos unha idea de como se chamaban en toda Galicia.
O tema está aberto nos foros aquí con algúns dos nomes recollidos por min da zoa de Irixoa e Aranga.