Extraído da Revista Estadística Española números 60, 61, 62 e 63, segundo semestre de 1973 e primeiro semestre de 1974, por Rafael Mir de la Cruz. Traducido o galego por Noelia Muñíz Vidal.

As raíces

Non pode falarse de raíces propiamente galegas, aínda que haxa familias de topónimos deducidos de común entroncamento. Nin sequera o Carballo (Quercus pedunculata), árbore tradicional da rexión, é antefixo de exclusividade galaica, malia a súa orixe prerromana. Del dimanan: Carballal, Carballeda, Carballedo, Carballeira, Carballida, Carballude, non citando máis que os derivativos populares ou menos coñecidos.

O arboredo é pródigo en mananciais toponímicos desta clase. De Abeleira dedúcense: Abelairas, Abeledo, etc., e de Ameneiro (árbore da familia das Betuláceas) traen a súa orixe: Amenal, Amenedo, Ameneiros, etc.

A configuración do terreo contribúe onomasticamente a esta abundancia de conxuntos de palabras similares. Bouza (terreo inculto, matogueira), que parece autóctono, orixinou Bouza, Bouzón, etc., e Lamas serviu de arrinque a unha cifra maior de vocábulos: Lamazares, Lamela, Lamigueiro, Dalama.

Supéralle, por demais, Pena, con Penelas, Penide e outras modificacións aparte das compostas, e sobre todo Fonte, con Fontaiña, Fontán, Fontaneira, Fontanes, Fontao, Fontela, Fontenlos, Fontoira, Fontal, etc.

Ferro formou Ferrandáns (debe ser Ferradáns), Ferradás, Ferreiro, Ferrín, Ferrón, Ferraces, Ferrío, etcétera.

Outo, que debe ser vocábulo prerromano, deu nacemento a Outeiral, Outeirón, Outerelo e, por suposto, a Outeiro, coa súa contracción de Otero. Entra, como sufixo, nalgunha locución: Montouto.

Existen algúns antefixos indicativos de lugar ou posición: Cimadevilla (Cimadevila), Socastro, Soiglesías (Soiglesía), Suavíla (Suavila), termos case sempre correspondidos na onomástica do país.

Estas aglutinacións, ás que tan ben presta a lingua galaica, orixinaron un conglomerado de topónimos compostos, traducidos en apelidos os máis, así como outros nomes deste carácter sen precedente toponímico, inconfundibles todos eles: Agrofojo (Agrafojo), Carrodeguas (carro das eguas), Rivadeneira, Rivadulla e Xoubanoba (Xoubanova) (parrocha ou sardiña pequena nova), como escasa mostra destas acepcións tan galegas. En Bolaño quérese ver a soldadura e contracción de Bonum e Agnus.

Vina e Villar constitúen principio de forte continxente toponímico: Vilaboy, Viladónega, Vilasuso e Villardefrancos, como exemplo o último, tamén apelido, como os demais citados, e nome dun lugar da provincia de A Coruña, da presenza de xentes das Galias en terras galegas, a non ser que a denominación proviñese da condición franca -non pecheira- dos seus poboadores.

O fino humor galaico non estivo alleo en pasadas épocas na creación de sobrenomes. Así, Labacolla (Lavacolla) é índice da fama de hixiene non excesiva que acompañase aos peregrinos xacobeos durante o Medievo (recórdese a lenda que asigna ao famoso botafumeiro un labor purificador do ambiente das naves da catedral de Santiago). Os romeiros, ao render o termo da súa cansa viaxe, e xa á vista da cidade do Apóstolo, realizaban as súas ablucións íntimas no río, que por iso tomou tal nome, adoptado por dúas aldeas ribeirás deste, e con posterioridade polo aeroporto central de Galicia, con descoñecemento oficial da etimoloxía do expresivo acerto toponímico que, por fortuna, non transcendeu ao léxico onomástico.

Os fenómenos naturais teñen a súa representación: Nouche, Mañá(Mañán) (Del lat. vulg. maneāna), Sarabia (sarabia), Vento.

Hai apelidos que corresponden a nomes de meses, Xaneiro, Febreiro, etc., e aos obxectos máis variados: Latas, Leite (Del lat. lac, lactis). Manteiga. Algúns desaparecidos da rexión subsisten noutras de España, como o xa citado Tenorio, evidenciando o seu raizame galego: Merlo (Del lat. merŭlus), Perete (na doctrina cristia, un dos tres inimigos da alma). ), etc.

Proxeccións dos reinos vexetal, animal e mineral.

Temos aquí un reducido número de expoñentes:

Reino vexetal
Variantes en Apelidos Galegos
Abelleira
Amarelle
Centeo, Centeno
Laranga, Laranjeira, Laranjo, Laranxeira, Laranxeiro
Sarmento, Sarmiento
Reino animal
Variantes en Apelidos Galegos
Abeijón, Abeixón, Abellón
Anduriña, Andoriña
Becerra, Xato, Jato
Coello, Coenllo
Coruja, Coruxa, Curuxa
Falcón
Golpe, Raposo
Pita, Galiña
Rochas e minerais
Variantes en Apelidos Galegos
Alvite, Albite
Xaspe, Jaspe
Pedrosa
Rocha, Roca
Seijas, Seixas, Seixo
Accidentes xeográficos, o agro, as comunicacións e os elementos urbanístico
Variantes en Apelidos Galegos
Barcia, Varcia, Queiroa
Barral, Barreira, Barreiro, Bulleiro, Bullo, Lamazal, Lameiro
Enfesta
Porto
Abelenda
Cortiña
Graña
Hortas
Prada
Carral
Chan, Chans, Chao, Chaos
Corga, Corgo, Corredoira
Tolda
Verea, Berea
Adro
Capela
Freiría
Hermida, Ermida
Pacios, Pazos
A condición relixiosa, circunstancias, calidades e defectos persoais
Variantes en Apelidos Galegos
Capelán, Crego, Deán, Freire, Romeo, Romeu, Romero
Espido
Farto
Parente
Veciño, Vecino
Bonhome, Bonome
Cabaleiro
Leal
Ledo
Louzán
Bodelo
Cao
Fachado
Rouco
Tato

Os apelidos cataláns en Galicia

Cara ao ano 1750 establécense nas rías baixas galegas os primeiros pescadores cataláns, xente emprendedora e laboriosa que introduciu na rexión a “jábega”, arte de pesca propia das costas levantinas, dando lugar un conflito económico-social por achacarse a escaseza de pesca dos anos seguintes aos efectos destrutores desta rede, promovéndose un longo expediente no que acabou dando a razón aos chegados de Cataluña, entre outras cousas porque, ao transformar a industria salgadoira, consumíase máis sal, condimento entón estancado e de elevada fonte de ingresos para o erario público. En realidade, eles foron os creadores da industria salgadoira e conserveira de Galicia, como ben patentizan nomes de famosas marcas coñecidas. Con este motivo houbo movementos migratorios de certa importancia na segunda metade do século XIII, orientados dun extremo ao outro do norte peninsular, uns de carácter temporal, xa que todos os anos na estación axeitada se formaban caravanas desta xente de mar que coas súas familias se dirixían cara ao noroeste. Moitos quedaron alá, e así maniféstano hoxe os apelidos cataláns estendidos dende a ría de Arousa ata a de Vigo: Alsina, Bournasell, Carreró, Casabiell, Colomer, Cruzat (Crusat), Julit, Massó, Piferrer, Portals, Roig, Roura e Villoch, entre os máis destacados.

Relación das desinencias con exemplos dalguns apelidos
1. -eiro 2. -eira
Besteiro Cunqueiro Chanteiro Angueira Boutureira Cadaveira
Peleteiro Obelleiro Cerqueira Naveira
3. -eiros 4. -eiras
Aneiros Borreiros Castiñeiros Sueiras Traseiras Corveiras
Lindeiros Lodeiros Raposeiras Moreiras
5. -oiro 6. -oira
Cabradoiro Lendoiro Pousadoiro Catoira Coira Chamadoira
Rañadoiro Salorio Loira Reboiras
7. -iño 8. -iña
Fandiño Touriño Troitiño Camiña Fariña Cerdeiriña
Vilariño Soliño Muíña Valiña
9. -iños 10. -iñas
Bergantiños Chouciños de Chouza Muíños Camariñas Cortiñas Mariñas
Negreiriños Rubiños Pardiñas Pociñas
11. -al 12. -ar
Armental Bugallal Gestal Belesar Cascallar Folgar
Pedregal Rabuñal Malvar Silvar
13. -an 14. -on
Batallán Forján Mariñán Baleirón Cotón Fojón
Quintián Ribeirán Torrón Tourón
15. -ares 16. -ans
Baltares Lamazares Moares Baralláns de Baralla Corzans Fians
Seares de Seara Valladares Montáns Mourentáns
17. -anes 18. -elo
Cividanes Galiñánes Giadanes Agrelo Bocelo Mourelo
Jorganes Ramiranes Sobradelo Sotelo
19. -ela 20. -elas
Barcela Costela Gandarela Cabanelas Cancelas Canelas
Regüela Tarrela Merelas Rozadelas
21. -elle 22. -allo, -ayo
Cardelle Corbelle Mourelle Almallo Borrallo Gamallo
Negrelle Vilarelle Lestayo Tabeayo
23. -in 24. -ada
Amorín Gradín Pampín Bouzada Cabada Coutada
Pallín Valín Pousada Restrebada
25. -ado 26. -eda
Parrado Peiteado Tellado Loureda Maceda Nogareda
Torrado Trincado Peneda Meda
27. -edo 28. -ade
Barredo Boedo Canedo Germade Illade Morgade
Sabucedo Sanguiñedo Roade Segade
29. -ide 30. -ido
Ameijide Buíde Cornide Cerdido Codesido Lourido
Penide Caside Raído Teijido
31. -ambre, -obre 32. -ande
Tambre Canzobre Cillobre Espasande Guisande Sande
Miñambres Pezobre Riande Esternande
33. -onde 34. -ulfe
Gueimonde Recemonde Rocamonde Araulfe Frijulfe Randulfe
Rosamonde Sesmonde Trasulfe Verulfe
35. -osa 36. -oso
Boullosa Barbosa Reigosa Gayoso Moscoso Troncoso
Arnosa Posa Vizoso Cardoso
37. -io 38. -da
Babío Fraguío Tarrío Dablanca Dacosta Darriba
Radío Armentío Dacoba Dapresa
39. -do 40. -ay
Dobarro Docampo Dopeso Arcay Goday Piay
Docanto Domedio Aday Triay
41. -ao 42. -ea
Chao Lombao Louzao Brea Eirea Valea
Esturao Montao Rotea Torea
43. -ey 44. -oa
Aldrey Brey Gigirey Balboa Gamboa Novoa
Cebey Harguindey Irijoa Veiroa
45. -oy 46. -ua
Aboy Rajoy Ricoy Bregua Búa Rúa
Gandoy Tenoy Marrúa Ortúa