Fai pouco tempo publicaba a noticia da nosa Avoa común, a Eva africana.
Agora a Universidade de Oxford mailo profesor Bryan Sykes afirman nunha web comercial que os europeos só temos sete tipos diferentes de ADN, é decir descendemos de Sete Fillas de Eva. As mitocondrias son uns orgánulos nos que se leva a cabo o proceso respiratorio celular. O osíxeno combinase cun principio inmediato para proporcionar enerxía.
Nas mitocondrias hai un ácido nucleico específico, o ADN mitocondrial. Os espermatozoides non teñen mitocondrias pero os óvulos si. E por eso que o ADN mitocondrial nun home ou nunha muller procede exclusivamente da súa nai.
O profesor da Universidade de Oxford, Bryan Sykes, analizou o ADN mitocondrial de 6.000 europeos, a súa conclusión é que só existen sete tipos distintos, e polo tanto os europeos somos descendentes de sete mulleres:
Xenia no Cáucaso fai 25.000 anos, Jasmine no Oriente Próximo fai 10.000 anos, Ursula en Grecia fai 45.000 anos, Katrine en Toscana fai 17.000 anos, Tara no centro de Italia fai 10.000 anos, Helena na zoa dos Pirineos fai 13.000 anos, e Velda, que viviu entre as montañas do norte de España fai 17.000 anos.
En calquera lugar de Europa a xente é unha mestura destas sete mulleres, Só en Noruega e Finlandia, entre os lapóns, non se produciron mesturas , presentan as características dunha soia Eva.
Todo esto e máis curiosidades podemos léelas gratuitamente en www.oxfordancestors.com, web de recente creación e destinada principalmente ós xenealoxistas. Parece ser que ó publicarse as primeiras conclusións, o maior parte dos interesados eran xenealoxistas interesados na aplicación dos descubrimentos xenéticos ás súas investigacións xenealóxicas.
Tanto a Universidade como o sinalado investigador non perderon o tempo (esto presenta máis negocio que os escudos ó ir moito máis lonxe) montando axiña esta web puramente mercantil, onde eso si por unhas 30.000 pts e unha mostra do interior da boca, pódese obter unha certificación da orixe.