O Centro Torrente Ballester en Ferrol acolle desde mañá a sede o Museo Bello Piñeiro, unha entidade que se creou hai xa vinte e seis anos e que aínda carecía de sede propia. O novo espazo permitirá contemplar obras da colección municipal de pintura, con autores coma Máximo Ramos, Pérez Villamil ou o propio Bello Piñeiro canda a cadros de Soutomayor cedidos polo Museo Raíña Sofía e mesmo deseños feitos por Castelao.