Os seus comentarios están feitos sobre un estudio do pasado verán do profesor da Universidade da Cidade de New York (CUNY), John Mollenkopf. Eu non puiden atopar na rede unha referencia máis extensa do traballo, de facelo poderíamos mesmo listar os apelidos inequivocamente galegos. De seguro. Esta é a listaxe que dan dos vinte primeiros co número de votantes:
- - Rodríguez: 32.857
- - Williams: 25.287
- - Rivera: 24.441
- - Smith: 21.249
- - Brown: 20.116
- - Johnson: 19.912
- - González:17.837
- - Pérez: 15.910
- - Jones: 15.542
- - Martínez: 14.913
- - Torres: 14.682
- - García: 13.865
- - Lee: 13.753
- - López: 13.709
- - Cruz: 12.320
- - Davis: 12.128
- - Hernández: 12.070
- - Ortiz: 11.756
- - Díaz: 11.475
- - Thomas: 10.308
Apelido | New York | A Coruña |
---|---|---|
Rodríguez | 1º | 2º |
Rivera | 3º | 82º |
González | 7º | 7º |
Pérez | 8º | 8º |
Martínez | 10º | 5º |
Torres | 11º | 65º |
García | 12º | 1º |
López | 14 | 3º |
Cruz | 15º | NS |
Hernández | 17º | NS |
Ortiz | 18º | NS |
Díaz | 19º | 17º |
Vemos que non hai tampouco grandes diferenzas no "liderazgo" entre as dúas metrópolis, e quizás podamos predicir dúas cousas que xa podemos albiscar a non moi longo prazo:
- Os fillos de Rodrigo dominarán gran parte da terra ;-)
- Os apelidos coa función de identificativo persoal teñen os días contados
Fonte: CARLOS FRESNEDA. FELIPE ESCUDERO. "EL APELLIDO QUE YA MANDA EN NUEVA YORK". El Mundo. Crónica, Domingo, 6 de Novembro do 2005, número 525. (http://www.elmundo.es/suplementos/cronica/2005/525/1131231620.html)