Título:  O Dote Matrimonial. Economía e Sociedade en Deza durante os séculos XVI a XIX
Autor:  César Gómez Buxán
Edita:  Deputación de Pontevedra, Pontenova nº 9
Fecha:  2005
Páxinas:  38 p. Fotos e gráficos
Formato:  PDF. Libro electrónico
Tamaño:  3.243 KB

Descarga: Seminario de Estudos de Deza

Obrigado achegarse a este traballo, máxime estando a libre disposición na rede, para todo aquel que queira asomarse ás condicións de vida dos nosos antepasados e o xeito en que artellaban os matrimonios. Porque aínda que o traballo céntrase nas dotes documentadas na comarca de Deza , a narrativa de Cesar sen fuxir do rigor levaranos a maxinar moi doadamente as tensións e incluso emocións duns personaxes presos do cotián e dos bens, nuns casos para sobrevivir e noutros para a adquisición de máis poder.

Tamén vese como paulatinamente no período estudado a utilización de bens e útiles para as dotes vai deixando paso ó diñeiro, para ó final ser este practicamente exclusivo.

O presente traballo e una revisión ampliada i en galego, que inclúe agora fotos amais dos gráficos, do publicado no Anuario de Estudios e Investigación Deza nº 3, do 2001, e que xentilmente me fixera chegar o seu autor no seu momento.

Bibliografía

Gómez Buxán, C. (). O Dote Matrimonial. Economía e Sociedade en Deza durante os séculos XVI a XIX. Deputación de Pontevedra. 38 p. Fotos e gráficos.